Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Os novos contaxios continúan sendo moi altos e malia as altas, a curva da incidencia da covid na provincia non logran baixar de forma brusca.
Así, hoxe hai 1.232 casos activos, 3 menos que onte, cunha rexistro de 117 novos positivos e 119 altas. Onte a baixada foi de47 casos, con 111 novos enfermos e 157 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 18.283 casos rexistrados e 231 persoas falecidas, 14 nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria tampouco cede aínda. Segue habendo, como onte, 31 persoas ingresadas en catro hospitais. Na UCI do Hula hai 5 (1 menos) e nas diferentes plantas son 26 os enfermos (1 máis); 19 están no de Lugo (1 menos), 3 na Mariña (1 máis), 3 en Monforte (1 máis) e 1 no Polusa.
MAPA DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:
- En alerta máxima: ningún.
- En alerta alta: Rábade.
- No nivel medio: Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Viveiro, Ribadeo, Barreiros, Chantada, Lugo e Outeiro de Rei.
- No nivel baixo: o resto de concellos.
POR COMARCAS
A covid permanece estable este domingo con poucos movementos, agás o gromo de Monforte, que deixa un brusco aumento. Tamén hai un lixeiro incremento na Terra Chá, especialmente na Pastoriza.
A Mariña
- A Pontenova, con menos de 10.
- Alfoz xa está por debaixo de 10.
- Barreiros segue con 11.
- Burela baixa a 17 (2 menos).
- Cervo, menos de 10 casos.
- Foz baixa a 17 casos, 3 menos.
- Lourenzá, por debaixo de 10.
- Mondoñedo, por debaixo de 10.
- O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
- O Vicedo, con menos de dez.
- Ourol, con menos de dez.
- Ribadeo baixa 3 ata 33.
- Riotorto, con menos de 10.
- Trabada, menos de 10 casos.
- Viveiro, 48 casos, 2 menos.
- Xove, menos de 10.
Terra Chá
- A Pastoriza sobe a 19 casos (7 máis).
- Abadín, menos de 10.
- As Pontes baixa 2 ata 11.
- Begonte segue con 17.
- Castro de Rei baixa 1 ata 24.
- Cospeito sobe 1 ata 12.
- Friol, sen casos nunha semana.
- Guitiriz baixa a 12, 4 menos.
- Meira, con menos de 10 casos.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei reduce 1 caso ata 16.
- Pol, menos de 10.
- Rábade suma 1 ata 19.
- Vilalba sobe a 28, 1 máis.
- Xermade, sen casos novos na última semana.
Comarca de Sarria
- Láncara, por debaixo dos 10 casos.
- O Incio, con menos de 10.
- O Páramo, menos de 10 casos.
- Paradela, por debaixo de 10.
- Samos, menos de 10 casos.
- Sarria baixa 2 casos ata 39.
- Triacastela, menos de 10 casos.
Centro da provincia
- A Fonsagrada, por debaixo dos 10 casos.
- Antas de Ulla, con menos de 10 casos.
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla queda en 12 casos.
- Baleira, con menos de 10 casos.
- Becerreá, con menos de 10 casos.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes, con menos de 10 casos.
- Guntín, sen casos en quince días.
- Lugo reduce ata 354 casos, 6 menos.
- Monterroso baixa a 11, 1 menos.
- Navia de Suarna, menos de 10 casos.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo, menos de 10 casos.
- Palas de Rei, menos de 10.
- Pedrafita, con menos de 10 casos.
- Portomarín, sen novos casos en quince días.
- Ribeira de Piquín, por debaixo de 10.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón, por debaixo de 10 casos.
- Bóveda, por debaixo de 10.
- Carballedo volve ter algún caso.
- Chantada sobe a 32 (2 máis).
- Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
- Monforte sobe 36 casos ata 151 casos debido ao gromo.
- O Saviñao, menos de 10 casos.
- Pantón, con menos de 10 casos.
- Quiroga, menos de 10 casos.
- Ribas de Sil, sen casos en quince días.
- Sober, menos de 10 casos.
- Taboada leva sen casos en quince días.
AS RESTRICIÓNS
Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.
En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.