Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa co seu ascenso cada vez máis acentuado tras chegar a acadar case o centenar de contaxios en 24 horas.
Hoxe hai 866 casos activos, 32 máis que onte, cun rexistro de 99 novos positivos e 67 altas. Onte houbo 32 máis, con 63 novos contaxios e 44 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.590 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.
A presión hospitalaria redúcese. Os ingresados na UCI do Hula baixan a 3 (1 menos) e en planta continúan 12 pacientes, 5 no Hula, 2 na Mariña e 5 en Monforte.
POR COMARCAS
Polo momento só 11 concellos da provincia seguen a salvo da covid polo menos durante a última semana. O virus esténdese por toda a provincia pero non crece desproporcionadamente como en vagas anteriores, agás en lugares como Lugo e Monforte, onde se concentrou o crecemento esta semana. Na Ribeira Sacra, agás a cidade do Cabe, baixa a incidencia.
A Mariña
- Ribadeo suma un novo enfermo ata 14.
- Foz mantense con 16 contaxios.
- O Vicedo volve ter casos.
- Por debaixo de 10: A Pontenova, Mondoñedo, Alfoz, Barreiros, O Valadouro, Viveiro, Burela, Lourenzá, Xove, Trabada e Cervo.
- Máis de quince días limpos: Ourol e Riotorto.
Terra Chá
- Vilalba reduce ata 37 contaxiados (6 menos).
- As Pontes sobe a 23 (4 máis).
- Outeiro de Rei volve a contabilizar 10 casos.
- Cospeito volve ter enfermos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Guitiriz, Muras, Rábade, Pol, Meira e Begonte.
- Entre unha semana e 15 días sen casos: Xermade e Friol.
Comarca de Sarria
- Sarria suma 1 ata 21 enfermos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Láncara e O Incio.
- Entre unha semana e 15 días sen casos: Paradela.
- Máis de quince días limpos: Samos, Triacastela e O Páramo.
Centro da provincia
- Lugo recupera número de positivos ata 312 (32 máis).
- Palas de Rei sobe ata os 12 casos.
- Antas de Ulla segue con 10 enfermos.
- O Corgo e Becerreá volven ter contaxios.
- Por debaixo dos 10 casos: Monterroso, A Fonsagrada, Baralla, Guntín, Baleira, Pedrafita, Navia de Suarna, Castroverde e Ribeira de Piquín.
- Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz, Cervantes, Portomarín e As Nogais.
Ribeira Sacra
- Carballedo: 11 positivos (1 menos).
- Chantada: 52 contaxios (2 máis).
- Folgoso do Courel: 26 (2 menos).
- Monforte: 70 casos (11 máis).
- O Saviñao: 42 enfermos.
- Pantón: 13 (1 menos).
- Quiroga: 10 casos (4 menos).
- Taboada: 22 contaxios (5 menos).
- Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober e Ribas de Sil.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.
- Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
- As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
- Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.