Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A provincia de Lugo volve dar a volta ás cifras e experimenta un pequeno aumento de casos e de ingresados. Así, este sábado hai 228 casos activos, 5 máis que onte, cando na xornada anterior a baixada foi de 3.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 13 casos novos (onte foron 8). Ademais, as altas chegaron ás 11.097, 10 en 24 horas, o día anterior foron 12.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.544 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.
Respecto á presión hospitalaria, aumenta de forma somera. Na UCI queda 1 persoa ingresada e en planta ahora son 6 (1 máis). 4 están no Hula e 2 Monforte (1 máis).
O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, continuará nas mesmas condicións ata o próximo luns:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. A Pastoriza.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Meira e Chantada.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
A situación segue mellorando a nivel xeral baixando cifras e sumando concellos limpos de covid. A Pastoriza e Meira melloran cifras de forma clara mentres Chantada segue sumando contaxios.
A Mariña
- Incidencia leve en Viveiro, Ribadeo e Alfoz.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove e Barreiros.
- Sen casos novos na última semana está Mondoñedo, Cervo, Trabada, Burela, Foz e Lourenzá.
Terra Chá
- A Pastoriza, en alerta alta, leva xa unha semana sen casos.
- Outeiro de Rei tamén está sen casos en 7 días. Únese Castro de Rei.
- Meira, que segue en alerta media, continúa reducindo a incidencia.
- Friol, Vilalba, Pol, Guitiriz e Xermade teñen casos pero con incidencia leve. Cospeito volve ter casos tras unha semana limpo.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade e a veciña As Pontes.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo seguen baixando. Son 89 (4 menos).
- Cervantes, A Fonsagrada e Palas teñen casos pero con baixa incidencia.
- Leva unha semana sen casos Becerreá.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, O Corgo, As Nogais, Baralla e Ribeira de Piquín.
Comarca de Sarria
- Láncara e Sarria teñen casos pero con baixa incidencia. O Páramo volve ter algún.
- Paradela leva xa unha semana sen novos contaxios.
- Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Carballedo e Pantón teñen casos pero con incidencia leve.
- En Chantada segue sumando casos novos. Xa son 28 (3 máis) e segue en alerta media.
- Monforte leva limpo unha semana.
- Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra de Brollón e Quiroga.