Pequeno repunte de casos polo descenso de altas

GaliciaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
vacina covid
18 Maio 2021

A covid experimenta un pequeno repunte na xornada deste martes debido ao reaxuste da fin de seman e ao descenso das altas.

Así, hai na provincia de Lugo 179 casos activos, 4 máis que onte, cando na xornada anterior a baixada foi de 2.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 6 casos novos (onte foron 5) e as altas chegaron ás 11.247, 3 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 7.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.645 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.

Nos hospitais segue habendo dúas persoas na UCI de Lugo pero descenden lixeiramente os ingresados en planta, que agora son 7 (1 menos), 3 están no Hula, 2 en Burela e 2 en Monforte (1 menos).

O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, queda deste modo:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. A Pastoriza e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Continúa a estabilidade xeral en toda a provincia. Máis concellos certifican estar limpos de covid.

A Mariña

  • Incidencia leve en Burela, Foz e Mondoñedo.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove, Barreiros, Cervo, Trabada e Lourenzá. Únese Ribadeo.
  • Sen casos novos na última semana están Viveiro e Alfoz.

Terra Chá

  • Vilalba ten 12 casos pero segue con incidencia baixa.
  • Xermade e As Pontes teñen casos, por debaixo de dez, e con incidencia leve.
  • Cospeito e A Pastoriza (esta en alerta media) están sen casos en 7 días. Únese Guitiriz.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei e Pol. Únense Friol e Meira.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben de novo lixeiramente. Son 61 (1 máis).
  • Monterroso ten casos pero con incidencia baixa.
  • Levan unha semana sen casos A Fonsagrada, Palas e O Corgo.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín e Becerreá. Únese Cervantes.

Comarca de Sarria

  • Láncara e Sarria teñen casos pero con baixa incidencia.
  • O Páramo leva sen positivos unha semana.
  • Triacastela, O Incio, Samos e Paradela seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Chantada segue con 25 casos e mantén a alerta media.
  • Carballedo, Monforte, Pantón e Sober teñen casos pero con incidencia leve.
  • Folgoso leva unha semana sen positivos. Únese Taboada.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, A Pobra de Brollón e Quiroga.
0.10122799873352