Picusa Academy fai historia ao conquistar a Taça de Portugal individual e por equipos

O equipo júnior galego impúxose na prestixiosa challenge lusa tanto na clasificación individual, con José Salgueiro, como por equipos. Os padroneses suman xa dez vitorias esta tempada.
Picusa Academy
14 May 2025

Dous novos títulos para o palmarés de Picusa Academy. No seu segundo ano como equipo júnior, a escuadra galega logrou por primeira vez a Taça de Portugal, tanto a nivel individual coma colectivo. O portugués José Salgueiro proclamouse campión tras vencer na terceira proba puntuable, celebrada este sábado entre Penafiel e o Santuário da Franqueira. O domingo, os ciclistas dirixidos por Djamel Avendaño controlaron a última carreira e certificaron tamén a vitoria por equipos.

Salgueiro atacou na subida final e impúxose en solitario, mentres que o brasileiro Dimas Mota foi segundo na última xornada, na etapa entre Barcelos e Penafiel. Con este resultado, Picusa Academy rubricou un triunfo que era un dos grandes obxectivos da tempada. En total, o equipo suma xa dez vitorias individuais no que vai de ano.

⚙ Configurar cookies
0.10402894020081