Picusa Academy fará historia ao participar no 'Tour de Francia' júnior como primeiro equipo galego convidado

Picusa Academy converterase este xoves no primeiro equipo galego en participar no 'Tour de Francia' júnior, o Ain Bugey Valromey Tour, a volta por etapas máis prestixiosa do calendario mundial xuvenil.
Picusa Academy
9 Jul 2025

O proxecto ciclista de Picusa Academy fará historia esta semana ao estrearse no Ain Bugey Valromey Tour, coñecido como o ‘Tour de Francia’ da categoría júnior, converténdose así no primeiro equipo galego en competir nesta prestixiosa volta por etapas. A súa 21ª edición desenvolverase do 11 ao 15 de xullo na rexión francesa de Auvernia-Ródano-Alpes e contará con cinco etapas e 29 escuadras convidadas, entre elas só dúas españolas: Picusa Academy e MMR Academy de Asturias.

A proba, organizada coa colaboración de ASO (organizadora do Tour de Francia profesional), reúne a equipos de todo o mundo, incluídos filiais de estruturas World Tour como Decathlon AG2R, EF Education ou Groupama-FDJ. No seu palmarés figuran nomes como Mathieu Van der Poel ou Romain Grégoire.

A organización valorou especialmente o proxecto galego e os seus resultados recentes, como o primeiro posto na clasificación por equipos da Copa de España 2023 ou os 14 triunfos individuais nesta tempada.

A formación que dirixe Djamel Avendaño presentarase co seguinte equipo: Enrique Maranchón, Diego López, Omer Ramon, José Salgueiro, Carter Barnes e Dimas Mota.

O mesmo día do inicio da volta francesa, Picusa Academy tamén competirá en Portugal, no Grande Prémio do Minho, con Rodrigo García, Xián Alvariño, Hugo Muñoz, Nicolás Almada, Daniel Vieito e Ryan O’Shaughnessy.

⚙ Configurar cookies
0.27411413192749