Preto de 200 estudantes participaron en Rozas no Science Truck

Rozas acolleu o Open day unhas xornadas dirixidas a informar á mocidade da importancia do Polo Aeroespacial de Galicia s para espertar neles futuras vocacións STEM.
IMG_20200309_120507_624
10 Mar 2020

Rozas acolleu o Open day unhas xornadas dirixidas a informar á mocidade da importancia do Polo Aeroespacial de Galicia s para espertar neles futuras vocacións STEM.

A xornada, na que participaron un total de 180 alumnos de 3º e 4º da ESO e na que colaboraron a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) e Inta, Boeing, Indra e Babcock, incluíu o programa educativo Science Truck, que busca entreter e espertar o interese dos máis novos pola ciencia, así como unha demostración de proxectos que se están levando a cabo nas instalacións de Rozas. O obxectivo da actividade era achegar aos rapaces a este sector innovador a través do Polo Aeroespacial de Galicia e, ao mesmo tempo, visibilizar o traballo que se está realizando no ámbito dos vehículos áereos non tripulados e espertar nos máis novos a súa curiosidade polas vocacións 
científico- tecnolóxicas.

Este Open day enmárcase no programa Voando alto, sumando vocacións que se dirixe a 2350 estudantes de todos os niveis educativos e público xeral e que proximamente porá en marcha, tamén, as actividades Enxeñando futuro en colaboración con Indra e Fly the future con Babcock.

O sector dos vehículos aéreos non tripulados está en crecemento e que está previsto que no 2035 haxa en Europa máis de 400.000 usuarios e que se xeren 90.000 postos de traballo, polo que se Galicia quere consolidar esa posición de referencia debe estimular novas vocacións a apoiar o talento mozo innovador.

20200309CondeOpenDay2
0.097135782241821