Primeira baixada de casos activos da quinta vaga

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid
2 Aug 2021

Por primeira vez nesta quinta vaga, os casos activos na provincia descenden, grazas novamente a un elevado número de alatas.

Así, hoxe hai 2.257 casos activos, o que supón 9 menos que onte. Esta cifra obtense polos 128 novos contaxios que sumaron en 24 horas e as 139 altas.

Na xornada de onte foi de 48 o aumento de casos activos, con 170 novos positivos e 126 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 16.504 casos rexistrados e 218 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe un pouco máis con 45 persoas ingresadas (1 máis). Hai 4 pacientes na UCI do Hula e nas plantas hai 41 (1 máis), 26 no Hula (1 menos), 12 na Mariña e 3 en Monforte.

Dende o sábado o sistema de alerta permanece do seguinte xeito:

  • En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo e As Pontes.
  • No nivel medio: Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros e O Valadouro.

POR COMARCAS

Na Mariña, os concellos que tiñan a incidencia disparada empezan a baixar bruscamente os novos positivos. Na Terra Chá só Cospeito e Outeiro de Rei teñen valores en alza. A incidencia en Lugo segue disparada e aumenta bruscamente en Palas. Tamén se extende pola zona da montaña, un lugar onde non afectou moito en toda a pandemia. No Sur, estabilidade en case todos os concellos agás en Monforte, que suma.

A Mariña

  • Viveiro ralentiza o crecemento ata 221 casos (4 menos), Cervo baixa a 31 casos (1 menos), Burela reduce a 176 (3 menos), Foz sobe a 141 (6 máis), Xove segue con 19 (2 máis); Mondoñedo baixa a 19 (2 menos); e Alfoz segue con 10, todos en valores de alerta alta ou máxima. Ourol, con menos de dez, volve estar en zona de risco.
  • Con incidencia preto da alerta están Ribadeo, que sobe a 73 casos (1 máis); Barreiros, que mantén 16; O Valadouro, que baixa a 12 (1 menos); Lourenzá, que segue con 12, e O Vicedo e A Pontenova con menos de 10.
  • Trabada leva xa unha semana sen casos.
  • Riotorto leva limpo 15 días.

Terra Chá

  • Coa incidencia controlada están Vilalba, que mantén 59 casos e As Pontes que sobe a 57 (2 máis).
  • Rábade queda en 15 casos e está con incidencia moi alta.
  • Outeiro de Rei, que sobe a 26 casos (2 máis); Cospeito, que sobe tamén a 20 (4 máis) e Abadín e Meira, con menos de 10, teñen a incidencia alta.
  • Castro de Rei eleva a incidencia pero fóra da zona de alerta.
  • Guitiriz (con menos de 10 casos), Friol,  Xermade, A Pastoriza e Begonte teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Pol leva unha semana sen casos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen crecendo ata 689 (19 máis).
  • Monterroso sobe a 41 casos (4 máis), Palas segue con 33, A Fonsagrada sobe a 18 (1 máis) e Negueira de Muñiz con menos de dez teñen a incidencia alta.
  •  Guntín eleva a 11 (1 máis), casos e incidencia preto de alerta. Con menos de dez casos e incidencia en risco están Portomarín, Castroverde, Baleira, Ribeira de Piquín e Antas de Ulla.
  • O Corgo, con 10 (baixa 1), e As Nogais e Pedrafita con menos de dez positivos teñen a incidencia baixa.
  • Cervantes, Navia de Suarna e Baralla están sen casos na última semana.
  • Limpos de covid nos últimos quince días permanece Becerreá.

Comarca de Sarria

  • Sarria mantén 52 positivos coa incidencia en fóra da zona de risco.
  • O Páramo está con valores altos pero non chega a 10 contaxiados.
  • Samos e Láncara están preto de alerta con menos de dez casos.
  • Paradela está en valores baixos de incidencia. Únese O Incio, que levaba semanas sen casos.
  • Triacastela está sen casos dende hai 7 días.

Ribeira Sacra

  • Monforte reduce a 94 casos (2 menos), en zona fóra de valores de alerta.
  • Chantada baixa a 58 casos (7 menos).
  • Quiroga chega aos dez casos e a incidencia alta.
  • Carballedo segue con 12, O Saviñao con 15 (2 máis), Bóveda con 10 e Pantón, Sober por baixo de 10 están con valores preto de alerta.
  • Folgoso do Courel e A Pobra de Brollón teñen xa a incidencia baixa. Únese Taboada con 12.
  • Ribas de Sil leva unha semana limpo.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12732100486755