Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa manténdose por riba dos 2.000 casos e malia reducir con respecto a onte, os datos seguen a ser altos.
Así, hoxe hai 2.107 casos activos, 18 menos que onte, con 199 novos contaxios e 215 altas. Onte os casos baixaron en 6, con 256 novos contaxios e 262 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 53.073 casos rexistrados e 312 persoas falecidas.
A presión hospitalaria continúa fluctuando. Nas UCI seguen a ser 3 pacientes e en planta son 42 (5 máis), 23 no de Lugo (1 máis), 6 na Mariña (1 máis) e 13 en Monforte (3 máis).
POR COMARCAS
A covid segue facendo colleitando positivos pola Mariña, con subidas en moitos concellos, aínda que non moi bruscas agás en Viveiro, que sumou 22 casos. O caso contrario é o da comarca de Sarria, onde tres dos sete concellos están limpos de covid e os outros tres están por debaixo de 10. Só a capital ten preto de 100 pero baixando.
O outro concello que suma moitos casos é Lugo, con 19 máis este domingo.
A Mariña
- Alfoz: 13 casos.
- A Pontenova: 11.
- Burela: 66 (7 máis).
- Cervo: 30 (2 máis).
- Foz: 58.
- Mondoñedo: 28 (1 menos).
- O Valadouro: 35 (2 máis).
- O Vicedo: 13 (2 menos).
- Ribadeo: 29 (4 menos).
- Riotorto: 12.
- Trabada: 11 (1 máis).
- Viveiro: 190 (22 máis).
- Xove: 31 (2 máis).
- Por debaixo de dez: Barreiros, Lourenzá e Ourol.
Terra Chá
- A Pastoriza: 32 (1 menos).
- As Pontes: 73 (1 menos).
- Begonte: 15 (1 máis).
- Castro de Rei: 58 (5 máis).
- Cospeito: 14 (2 menos).
- Friol: 10 (4 menos).
- Guitiriz: 15 (2 menos).
- Muras: Unha semana limpo.
- Outeiro de Rei: 32.
- Vilalba: 127 (8 menos).
- Xermade: 14 (3 máis).
- Por debaixo de dez: Abadín, Meira, Pol e Rábade.
Comarca de Sarria
- Láncara: Sen casos nunha semana.
- Paradela: Unha semana sen casos.
- Samos: Unha semana sen casos.
- Sarria: 98 (4 menos).
- Por debaixo de 10: O Incio, O Páramo e Triacastela.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 49 positivos (1 máis).
- Antas de Ulla: Unha semana limpo.
- As Nogais: 12.
- Baralla: 18 (3 menos).
- Becerreá: 15 (3 menos).
- Castroverde 10 (2 menos).
- Guntín: 11.
- Lugo: 1028 (19 máis).
- O Corgo: 16 (4 menos).
- Pedrafita: Quince días sen casos.
- Portomarín: 11.
- Ribeira de Piquín: Unha semana limpo.
- Por debaixo de 10: Baleira, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Palas de Rei.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 13 enfermos.
- Carballedo: 21 (2 máis).
- Chantada: 81 (7 máis).
- Monforte: 149 (10 menos).
- O Saviñao: 28 (3 menos).
- Sober: Unha semana sen contaxios.
- Pantón: 11.
- Quiroga: 12.
- Taboada: 14 casos.
- Por debaixo de 10: Bóveda, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
RESTRICIÓNS
- Certificado covid só en centros sanitarios.
- Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).