Primeiro Campionato Galego de Lucha e Sambo na Praia reúne a 150 participantes en Silgar

Sanxenxo acolleu a histórica primeira edición do CTO. Galego de Lucha Praia e Sambo Praia na praia de Silgar, con preto de 150 atletas, un 35 % mulleres, e 115 combates disputados. O Club San Ignacio de Vigo e o Club Senín de Cambados proclamáronse campións por equipos nas respectivas modalidades.
Lucha Playa
20 May 2025

Na mañá do pasado sábado celebrouse na praia de Silgar o I Campionato Galego de Lucha Praia e Sambo Praia, un acontecemento pioneiro que reuniu a 150 deportistas de ambas modalidades (35 % mulleres) e prendeu a afección no paseo marítimo cun sol radiante e gran nivel competitivo.

A competición disputouse en dous círculos de 7 m de diámetro, con 115 combates de tres minutos ou até acadar 3 puntos. Un punto por derribo ou expulsión do rival fóra do círculo, e victoria directa cando un combate finaliza cun lanzamento que deixa ao opoñente completamente de costas. O regulamento, sinxelo e espectular, resultou do agrado tanto de participantes como do numeroso público asistente.

O Club San Ignacio de Vigo liderou a clasificación en Lucha Praia, seguido de Keltoi Vila de Cruces e Atila Ourense; mentres que en Sambo Praia o Club Senín de Cambados subiu ao primeiro posto, con Graiño A Coruña e ETP A Coruña como fóra de podio.

Destacou tamén a impecable xestión do Colexio Galego de Árbitros, que coordinou os combates con profesionalidade. Con esta experiencia inaugural, os mellores clasificáronse para o Campionato de España que se celebrará en Barcelona en xuño.

⚙ Configurar cookies
0.10291814804077