Produtores de leite ecolóxico organizan en Lugo unha xornada sobre dermatose nodular contaxiosa

A formación celebrarase o 19 de novembro en Agronovo e estará impartida por un experto da USC
vaso-de-leite-recurso
5 Nov 2025

A Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia impulsa unha xornada formativa centrada na dermatose nodular contaxiosa, unha patoloxía que preocupa ao sector gandeiro pola súa expansión nos últimos anos. A iniciativa terá lugar o martes 19 de novembro ás 19:30 horas na sede de Agronovo, en Lugo.

A sesión será impartida por Alberto Prieto, profesor de Sanidade Animal da Universidade de Santiago de Compostela, no marco da colaboración que a área de Rural mantén coa asociación para o desenvolvemento de actividades formativas e de asesoramento técnico dirixidas ás explotacións ecolóxicas.

A participación é gratuíta, con prazas limitadas e prioridade para as ganderías certificadas en ecolóxico. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición previa a través do correo electrónico aplegalicia@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.30216217041016