Ralentízase o descenso da covid mentres a hospitalización se mantén

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid tets antixenos
6 Sep 2021

A provincia de Lugo experimentou un novo descenso de casos activos debido de novo ás altas malia que os casos novos non baixan, máis ben aumentan. Así, hai 1.221 casos activos, 22 menos que onte, cun rexistro de 63 novos positivos e 85 altas. Onte houbo un descenso de 72 casos activos, con 45 novos enfermos e 117 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.504 casos rexistrados e 237 persoas falecidas, 20 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria aumenta lixeiramente tamén. Hai 29 persoas ingresadas en tres hospitais (1 máis). Na UCI do Hula seguen 4 pacientes, e nas diferentes plantas son 25 os enfermos; 17 están no de Lugo (2 máis), 4 na Mariña (1 menos) e 4 en Monforte.

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Monforte.
    • En alerta alta: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira e O Saviñao.
    • No nivel medio: Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito e Taboada.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

O gromo na residencia de Monforte impulsa de novo os casos a valores de crecemento, mentres a estabilidade e o control do virus segue sendo visible na maior parte dos concellos.

A Mariña

  • A Pontenova xa leva unha semana sen casos.
  • Alfoz leva unha semana sen casos.
  • Barreiros xa leva unha semana sen casos.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo, por debaixo de 10.
  • Foz baixa a 15 (1 menos).
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, sen casos xa nunha semana.
  • O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos xa durante quince días.
  • Ribadeo baixa 4 ata 22.
  • Riotorto, sen casos na última semana.
  • Trabada sen casos xa en quince días.
  • Viveiro ten 16 casos, 3 menos.
  • Xove, sen casos máis de quince días.

Terra Chá

  • A Pastoriza reduce a 29 (2 menos).
  • Abadín está por debaixo de 10 casos.
  • As Pontes, por debaixo de 10.
  • Begonte, por debaixo de 10.
  • Castro de Rei baixa 10 ata 34.
  • Cospeito ten 18 casos (2 menos).
  • Friol continúa con 12 e unha semana sen casos novos.
  • Guitiriz, por debaixo de 10 casos.
  • Meira está por debaixo de 10.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei queda con 11 activos e sen casos na última semana.
  • Pol, sen casos novos nunha semana.
  • Rábade, por debaixo de 10 casos.
  • Vilalba queda en 38 casos.
  • Xermade, por debaixo de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara volve ter algún caso.
  • O Incio, sen casos novos nunha semana.
  • O Páramo, con menos de 10.
  • Paradela xa está por debaixo de 10 casos.
  • Samos está sen casos unha semana.
  • Sarria sobe a 28 (6 máis).
  • Triacastela, sen casos novos nunha semana.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, por debaixo de 10.
  • Antas de Ulla sobe 1 máis ata 14.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla baixa 1 ata 50.
  • Baleira, xa leva sen casos quince días.
  • Becerreá reduce a 10 casos (1 menos).
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, sen casos na última semana.
  • Guntín, con menos de 10 casos.
  • Lugo sobe 8 casos ata 314.
  • Monterroso baixa 1 ata 41.
  • Navia de Suarna, sen casos novos na última semana.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo, menos de 10 casos.
  • Palas de Rei reduce a 36 casos (2 menos).
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, unha semana sen casos.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón reduce a 10 casos.
  • Bóveda xa leva unha semana sen casos.
  • Carballedo, por debaixo de 10 casos.
  • Chantada reduce a 27 (3 menos).
  • Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
  • Monforte recupera casos. Son 209, 13 máis.
  • O Saviñao reduce a 22 (2 menos).
  • Pantón, por debaixo de 10.
  • Quiroga segue con 14 casos.
  • Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
  • Sober, por debaixo de 10.
  • Taboada baixa 1 ata 16 casos.

AS RESTRICIÓNS

Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.

En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14303708076477