Repunte da hospitalización e dos casos activos

GaliciaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid19 vacina
1 Abr 2022

Este venres rompeuse a tendencia á baixa cun lixeiro aumento dos casos activos de covid e tamén da hospitalización.

Hoxe hai 2.311 casos activos, 28 máis que onte, con 168 novos contaxios e 141 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 58.453 casos rexistrados e 319 persoas falecidas.

A presión hospitalaria aumenta tamén. Son 3 os ingresados na UCI (1 máis) e en planta son 38 (2 máis), 27 están no de Lugo (3 máis), 6 na Mariña (3 menos) e 5 en Monforte (2 máis).

POR COMARCAS

Mondoñedo rexistra unha subida de 11 casos, a máis elevada mentres Lugo cae 36 casos, Vilalba 13 e Viveiro 12 ao igual que As Pontes.

O número de concellos limpos de covid segue en 5 e son 17 os que teñen menos de dez casos (1 menos).

A Mariña

  • Alfoz: 10.
  • A Pontenova: 20 (2 menos).
  • Barreiros: 32 (2 menos).
  • Burela: 87 (2 menos).
  • Cervo: 81 (2 máis).
  • Foz: 85 (3 máis).
  • Lourenzá: 17 (1 máis).
  • Mondoñedo: 50 (11 máis).
  • O Vicedo: 19 (3 menos).
  • Ribadeo: 49 (1 menos).
  • Viveiro: 243 (12 menos).
  • Xove: 50 (5 menos).
  • Por debaixo de 10: Ourol, O Valadouro, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 14 (3 menos).
  • A Pastoriza: 19 (9 máis).
  • As Pontes: 143 (12 menos).
  • Begonte: 17 (5 menos).
  • Castro de Rei: 37 (6 menos).
  • Cospeito: 42 (2 menos).
  • Friol: 15 (1 menos).
  • Guitiriz: 32 (5 menos).
  • Meira: 15.
  • Outeiro de Rei: 54 (4 menos).
  • Rábade: 12 (1 menos).
  • Vilalba: 224 (13 menos).
  • Xermade: 13.
  • Por debaixo de 10: Pol.
  • Unha semana sen casos: Muras

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 11 (1 menos).
  • Becerreá: 14.
  • Castroverde: 26 (2 menos).
  • Guntín: 13.
  • Lugo: 931 (36 menos).
  • Monterroso: 37 (5 máis).
  • O Corgo: 16 (1 menos).
  • Palas de Rei: 29 (1 máis).
  • Portomarín: 16 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: As Nogais, Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 24.
  • O Incio: 12 (2 máis).
  • O Páramo: 11 (1 máis).
  • Paradela: 12.
  • Samos: 29.
  • Sarria: 103 (1 menos).
  • Sen casos nunha semana: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 11.
  • Chantada: 45 (1 máis).
  • Monforte: 84 (2 menos).
  • O Saviñao: 11.
  • Pantón: 19.
  • Taboada: 12 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
0.16393208503723