Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid volve a recuperar a súa tendencia á baixo no número de contaxios activos pero recupera o aumento da hospitalización.
Así, hoxe hai 939 casos, 12 menos que onte, con 93 novos contaxios nas últimas 24 horas e 106 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 68.157 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.
A presión hospitalaria aumenta de novo. Seguen na UCI do Hula 3 pacientes e en planta son 34 enfermos (9 máis), 25 están no de Lugo (8 máis), 3 na Mariña (1 máis) e 6 en Monforte.
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Estabilidade nos concellos con 6 limpos de covid e 10 por riba dos dez casos de covid (1 menos).
A Mariña
- Foz: 11.
- Ribadeo: 13 (2 máis).
- Viveiro: 18 (2 máis).
- Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Riotorto e Xove.
- Unha semana sen casos: Trabada.
Terra Chá
- As Pontes: 15 (1 máis).
- Guitiriz: 14 (1 menos).
- Outeiro de Rei: 17 (3 máis).
- Vilalba: 22 (2 máis).
- Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.
Comarca de Sarria
- Sarria: 15 (2 menos).
- Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- Lugo: 197 (2 máis).
- Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Guntín, Monterroso, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.
- Unha semana sen casos: Cervantes e Ribeira de Piquín.
- Quince días sen casos: Navia de Suarna e Negueira de Muñiz.
Ribeira Sacra
- Monforte: 38 (2 menos).
- Taboada: 11 (1 máis).
- Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Sober.
- Unha semana sen casos: Ribas de Sil.