Ribadeo acollerá a quinta edición do Torneo Emma Cuervo Feminino

O RC Deportivo da Coruña e o CA Osasuna medirán forzas o 23 de agosto no estadio Pepe Barrera
futbol-balon-pelota-zapatilla
21 Aug 2025

O Estadio Municipal Pepe Barrera de Ribadeo será o escenario da V edición do Torneo Emma Cuervo Feminino, que terá lugar o sábado 23 de agosto de 2025 ás 12:00 horas. O encontro enfrontará ao RC Deportivo da Coruña co CA Osasuna, dous equipos referentes do fútbol feminino estatal.

A organización fixo públicos tamén os prezos das entradas: 10 euros para persoas maiores de 15 anos, 5 euros para nenos e nenas de entre 8 e 15 anos, mentres que os menores de 8 anos poderán acceder de maneira gratuita.

As entradas poranse á venda o propio día do partido nas billeteiras do campo municipal Pepe Barrera, polo que se recomenda chegar con antelación para evitar colas.

Con esta nova edición, o torneo Emma Cuervo reforza a súa aposta pola visibilización e o impulso do deporte feminino, ofrecendo á afección mariñá a oportunidade de gozar dun choque de alto nivel competitivo.

⚙ Configurar cookies
0.30429601669312