Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A redución das altas, a metade que a xornada anterior, provoca un cambio na tendencia á baixa con máis casos activos e un aumento notable da hospitalizacion.
Así, hoxe hai 6.710 casos activos, 100 máis que onte, con 623 novos contaxios e 521 altas. Onte os casos baixaron en 261, con 768 novos contaxios e 1.029 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 41.199 casos rexistrados e 277 persoas falecidas. Son unha máis que a xornada pasada. Trátase dun home de 89 anos ingresado no hospital de Monforte.
A presión hospitalaria sobe de forma notoria. Na UCI do Hula son 7 os ingresados, mentres en planta son 66 os pacientes (9 máis), 48 no de Lugo (6 máis), 10 na Mariña e 8 en Monforte (3 máis).
POR COMARCAS
Cambios drásticos en algúns concellos. Entre as subidas está Monforte con 24 novos casos, As Pontes con 19 e Cospeito con 10.
E as baixadas están en Lugo con 1o3 menos, Burela con 38 menos, Sarria con 20, Vilalba con 19, Ribadeo con 17, Guitiriz con 14 e O Corgo e Monterroso con 13.
Agora mesmo xa non hai ningún concello limpo de covid e son cinco os que teñen menos de dez casos: Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, As Nogais, Ourol e Navia de Suarna.
A Mariña
- Alfoz: 41 (1 menos).
- A Pontenova: 95 (1 máis).
- Barreiros: 94 (2 máis).
- Burela: 332 (38 menos).
- Cervo: 173 (10 menos).
- Foz: 286 (2 menos).
- Lourenzá: 59 (2 menos).
- Mondoñedo: 116 (56 máis).
- O Valadouro: 88 (1 menos).
- O Vicedo: 33.
- Ourol: Por debaixo de 10.
- Ribadeo: 363 (17 menos).
- Riotorto: 18 (2 máis).
- Trabada: 20 (2 menos).
- Viveiro: 392 (7 menos).
- Xove: 72 (5 menos).
Terra Chá
- Abadín: 50 contaxios (3 menos).
- A Pastoriza: 98.
- As Pontes: 268 (19 máis).
- Begonte: 67 (4 menos).
- Castro de Rei: 118 (2 menos).
- Cospeito: 100 (10 máis).
- Friol: 66 (4 menos).
- Guitiriz: 158 (14 menos).
- Meira: 50 (2 máis).
- Muras: Por debaixo de 10.
- Outeiro de Rei: 124 (2 menos).
- Pol: 25 (2 menos).
- Rábade: 25.
- Vilalba: 448 (19 menos).
- Xermade: 33 (2 máis).
Comarca de Sarria
- Láncara: 50 enfermos (4 menos).
- O Incio: 39 (1 máis).
- O Páramo: 34 (1 menos).
- Paradela: 53 (1 menos).
- Samos: 39 (1 menos).
- Sarria: 467 (20 menos).
- Triacastela: 24.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 56 positivos (2 menos).
- As Nogais: menos de 10 casos.
- Antas de Ulla: 24 (4 máis).
- Baleira: 15 (2 menos).
- Baralla: 68 (5 menos).
- Becerreá: 56 (1 máis).
- Castroverde 62 (1 menos).
- Cervantes: 15 (1 menos).
- Guntín: 59 (6 máis).
- Lugo: 3.102 (103 menos).
- Monterroso: 78 (13 menos).
- Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
- Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
- O Corgo: 61 (13 menos).
- Palas de Rei: 71 (2 máis).
- Pedrafita: 12 (2 máis).
- Portomarín: 20 (1 menos).
- Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 54 enfermos.
- Bóveda: 25 (3 menos).
- Carballedo: 44 (3 máis).
- Chantada: 324.
- Folgoso do Courel: 12.
- Monforte: 423 (24 máis).
- O Saviñao: 46 (3 máis).
- Pantón: 54 (5 máis).
- Quiroga: 78 (7 menos).
- Ribas de Sil: 33 (6 máis).
- Sober: 32 (1 máis).
- Taboada: 45 (1 menos).
RESTRICIÓNS
- A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
- Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
- Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
- As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
- Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.