Samil acollerá unha proba da Liga Mapfre de Tenis Praia do 4 ao 6 de xullo

Do 4 ao 6 de xullo, a praia de Samil, en Vigo, acollerá unha das probas do circuíto nacional da Liga Mapfre de Tenis Praia 2025. O evento está organizado por Verán Deportivo e a Federación Galega de Tenis, e contará con distintas categorías tanto en dobres femininos como masculinos.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 27 de xuño a través da web www.ibertenis.com. Será necesario dispoñer dunha licenza homologada pola RFET.
Haberá tres categorías: absoluta, sub18 e veteranos +35. Todas elas xogarán unha fase previa o venres 4 de xullo e unha fase final durante o sábado 5 ou domingo 6, segundo o caso. Tamén haberá cadros de consolación para quen perda na primeira rolda.
A cota de inscrición será de 15 euros por xogadora ou xogador na categoría absoluta e de 10 euros para o resto. Os premios ascenden a 2.000 euros na categoría absoluta.
Para máis información ou aclaracións, pode contactarse a través do correo info@organizia.com ou por WhatsApp no 607877995.