Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A provincia de Lugo segue mellorando as cifras de contaxios e de casos activos mentres Sanidade anuncia unha rebaixa nas restricións dos concellos, deixando á provincia sen ningún concello na máxima alerta. Así, hai 1.221 casos activos, 90 menos que onte, cun rexistro de 26 novos positivos e 115 altas. Onte houbo un descenso de 81 casos activos, con 26 novos enfermos e 106 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.555 casos rexistrados e 238 persoas falecidas, 21 nesta quinta vaga. Trátase dun máis que onte, xa que faleceu un residente das Gándaras de 79 anos de idade.
A presión hospitalaria mantense. Hai 25 persoas ingresadas en tres hospitais. Na UCI do Hula seguen 4 pacientes, e nas diferentes plantas son 21 os enfermos; 14 están no de Lugo, 2 na Mariña e 5 en Monforte.
MAPA DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:
-
- En alerta máxima: Monforte.
- En alerta alta: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira e O Saviñao.
- No nivel medio: Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito e Taboada.
- No nivel baixo: o resto de concellos.
Sanidade notificou unha relaxación das alertas para o próximo sábado. Monforte deixará de estar en alerta máxima e pasará a alta (sendo o único da provincia) non quedando ningún en Galicia na zona de maior risco. Ademais permanecerán en alerta media Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas e Sarria.
POR COMARCAS
Os concellos con gromos e números elevados de enfermos diminúen drasticamente os seus rexistros mentres cada vez hai máis concellos limpos de covid.
A Mariña
- A Pontenova leva unha semana sen casos.
- Alfoz xa son 15 días sen casos.
- Barreiros, unha semana sen casos.
- Burela, por debaixo de 10.
- Cervo, por debaixo de 10.
- Foz baixa a 13 (1 menos).
- Lourenzá, por debaixo de 10.
- Mondoñedo volve ter algún caso.
- O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
- O Vicedo sen casos en quince días.
- Ourol, sen casos xa durante quince días.
- Ribadeo baixa 3 ata 16.
- Riotorto, sen casos xa en quince días.
- Trabada sen casos xa en quince días.
- Viveiro reduce 1 caso máis ata 15.
- Xove, sen casos máis de quince días.
Terra Chá
- A Pastoriza queda con 20.
- Abadín está por debaixo de 10 casos.
- As Pontes, por debaixo de 10.
- Begonte xa leva unha semana sen casos.
- Castro de Rei baixa 3 ata 27.
- Cospeito reduce a 15 casos (3 menos).
- Friol sen casos na última semana.
- Guitiriz, por debaixo de 10 casos.
- Meira está por debaixo de 10.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei sen casos na última semana.
- Pol, sen casos novos nunha semana.
- Rábade, por debaixo de 10 casos.
- Vilalba baixa 5 a 32 casos.
- Xermade, por debaixo de 10.
Comarca de Sarria
- Láncara, sen casos nunha semana.
- O Incio, sen casos novos en quince días.
- O Páramo, con menos de 10.
- Paradela está por debaixo de 10 casos.
- Samos está sen casos unha semana.
- Sarria sobe a 24 (2 máis).
- Triacastela, sen casos novos nunha semana.
Centro da provincia
- A Fonsagrada, por debaixo de 10.
- Antas de Ulla baixa 1 ata 13.
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla baixa 4 ata 40.
- Baleira leva sen casos quince días.
- Becerreá volve estar con 10 casos.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes xa leva quince días sen casos.
- Guntín, con menos de 10 casos.
- Lugo cae ata 264, 25 casos menos.
- Monterroso cae a 32 casos (9 menos).
- Navia de Suarna, sen casos novos na última semana.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo, menos de 10 casos.
- Palas de Rei reduce a 33 casos (2 menos).
- Pedrafita leva quince días sen casos.
- Portomarín, unha semana sen casos.
- Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón continúa con 10 casos.
- Bóveda leva unha semana sen casos.
- Carballedo, por debaixo de 10 casos.
- Chantada reduce ata 20 casos (7 menos).
- Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
- Monforte segue baixando. Son 170, 21 menos.
- O Saviñao reduce a 17 (3 menos).
- Pantón, por debaixo de 10.
- Quiroga segue con 13.
- Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
- Sober xa leva unha semana sen casos.
- Taboada reduce a 14 casos (2 menos).
AS RESTRICIÓNS
Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.
En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.