Santa Icía e a UNED Sénior da Galicia Rural

Cada 22 de novembro de tódolos anos, a Igrexa e os músicos, celebran día de Santa Icía, porque ela é patroa dos músicos e dos cegos.
Mercedes Cachaza lendo o manifesto no Día de Santa Icía
22 Nov 2017

Cada 22 de novembro de tódolos anos, a Igrexa e os músicos, celebran día de Santa Icía, porque ela é patroa dos músicos e dos cegos.

Entre nós tamén hai algún músicos e algúns que precisamos abrir os ollos para ver doutra maneira o mundo que nos rodea.

Por eso, hoxe, día 22 de novebro de 2017, o alumnado da UNED Sénior das aulas de Paderne, Momán e Guitiriz, reunímonos para celebrar este día.

Pero non vimos tan só para celebrar a patroa de música aínda que moitos compañeiros e compañeiras se defendan moi ben nesta disciplina e os restantes disfrutemos escoitando o seu amplo repertorio de música popular.

Tampouco vimos porque teñamos moitos coñecementos de música, de literatura, de arquitectura nin de escultura.

Non, non.
Mal iríamos se tiveramos que reunirmos por eses motivos.

Existen outras moitas razóns que nos moven a reunirnos.
-O amor á Galicia rural, a terra que nos viu nacer, que nos viu medrar e que andando o tempo nos verá morrer.
-O amor á nosa lingua galega que mamamos desde o berce, no colo da nosa nai e das persoas máis queridas, que marcaron as nosas vidas.
-O amor á nosa cultura. A nosa cultura popular galega que nos identifica como persoas de ben por onde queira que vaiamos.
-O amor á nosa gastronomía, famosa no mundo enteiro feita con moito amor con productos de primeirísima calidade.
-O compañeirismo que se vai creando co paso do tempo, compartindo mesa mantel, música, charlas, escritos, cancións colaboraciósn diversas, etc.
-A honradez que nos caracteriza como persoas vinculadas cos saberes da terra.
-O amor ás cousas ben feitas, as cousas sinxelas da vida diaria.
-Os saberes de todos e de cada un, porque todos temos algo para aportar:
-Aportamos a alegría de encontrarnos uns cos outros.
-Aportamos a compañía que mutuamente nos ofrecemos e un longo etc.

Pero todo esto non sería posible se non tiveramos un denominador común como nexo de unión.

Neste caso é a UNED Sénior da Galicia Rural moi ben artellada a través da Universidade Nacional de Educación a Distancia, dun Coordinador e un Profesorado que sabiamente nos vai guiando.

Todos recoñecemos que as nosas vidas son ben diferentes desde que a UNED Sénior chegou a nós.
Por eso aproveitamos para reunirnos cada vez que podemos.

Pero hoxe é un día algo diferente: é Santa Icía.

Sexamos crentes, agnósticos ou ateos, os santos sempre teñen algo que decirnos e nós sempre debemos estar abertos a aprender algo novo.

Santa Icía naceu en Roma no século segundo, no seo dunha familia nobre que xa naqueles tempos lle deu unha educación musical: tocaba ese instrumento tan dóce e suave que coñecemos con nome de “LIRA”.

Pero o máis importante foi a súa conversiónm ó Cristianismo nun momento en que estaba moi perseguido e tamén convertíu ó seu home Valeriano e ámbolos dous convertiron a moitos paganos.

Por esas e outras moitas razóns condenárona a morrer queimada, pero como no ardeu, tiveron que decapitala.
Hoxe en día a cripta de Santa Icía está nas Catacumbas da Vía Apia de Roma, xunto cos bispos do século III.
As catacumbas eran galerías subterráneas de varios quilómetro de largo onde os cristianos enterraban ós seu defuntos na aforas da cidade.

Había moitas máis, pero hoxe en día só está abertas ó público estas cinco: San Sebastián, San Calixto, Santa Pricila, Santa Domitila e Santa Inés.

Todo un exemplo de vida, a de Icía, que podendo levar unha vida de nobre relaxada, prefiriu levala moi sacrificada; e grazs a eso, chegou ós nosos días como exemplo de vida.

Por eso: foi elevada ós altares, ten unha basílica en Florencia, Handel dedicoulle unha oda, ten o seu propio HIMNO, e moitos pintores, escritores, escultores da Idade Media téñena presente nas súas obras.

Tamén a Igrexa a lembra na Liturxia.

Por todas estas razóns, non está de máis que ampliemos un pouquiño os nosos coñecementos.

Porque a UNIVERSIDADE, aínda que sexa na modalidade Sénior, está pensada para ofrecer coñecementos e ampliar a nosa visión do mundo que nos rodea.

Nunca é tarde para aprender. Por debemos aproveitar,e aproveitamos, cada ocasión que se nos presenta.

Moitas grazas.

Mercedes Cachaza Platas (Alumna da UNED Sénior en Paderne –A CORUÑA)


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14169383049011