Sara Guerrero e Jarno Pousada proclámanse campións galegos de Dúatlon Sprint no Val de Soneira

A localidade de Vimianzo acolleu o Campionato Galego de Dúatlon Sprint coa vitoria destacada de Sara Guerrero e Jarno Pousada, nunha xornada deportiva que tamén incluíu competición popular e proba Súper Sprint.
Campionas
7 May 2025

A vila de Vimianzo converteuse o pasado sábado no epicentro do duatlón galego coa celebración da cuarta edición do Dúatlon Val de Soneira – Concello de Vimianzo, que este ano acolleu tamén o Campionato Xunta de Galicia de Dúatlon de Estrada na modalidade sprint. Ademais da proba absoluta, o evento incluíu unha competición popular aberta e inclusiva e unha proba do Circuíto Súper Sprint CD/XV/JN.

Na categoría feminina, a internacional Sara Guerrero (Náutico de Narón) impúxose con autoridade cun tempo final de 1:01:35, tras unha gran remontada no segmento ciclista. Completaron o podio Eva Piñel (CD Delikia), cun tempo de 1:02:18, e Sara Reimondo (Cidade de Lugo Fluvial), cun crono de 1:02:55.

Na proba masculina, o título foi para Jarno Pousada (Cidade de Lugo Fluvial), que dominou a competición con estratexia e forza, cruzando a meta en 52:17. O acompañaron no podio Iván Puentes (Triatlón Ferrol), segundo con 52:39, e Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial), terceiro con 53:20.

A cita destacou pola calidade dos participantes, o ambiente competitivo e a participación popular, enchendo as rúas de Vimianzo de deporte e emoción.

Triplete galego no clasificatorio nacional de Orihuela

A fin de semana deportiva completouse co Triatlón Playas de Orihuela, único clasificatorio nacional para o Campionato de España en distancia olímpica, que se celebrará proximamente na Coruña. A actuación galega foi sobresaliente, cun podio totalmente galego na categoría feminina:

  • María Alzaga (Náutico de Narón), 1ª con 2h08m49s

  • Natalia Castro (CD Delikia), 2ª con 2h10m59s

  • Ana Gómez (Cidade de Lugo Fluvial), 3ª con 2h12m40s

⚙ Configurar cookies
0.11323595046997