Segue a baixada de casos activos na quinta vaga

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid 19 lava mans
11 Aug 2021

Os casos activos continúan baixando este mércores grazas ás altas e que baixaron os novos contaxios, tamén baixou a hospitalización en planta e subiu na UCI.  Así, hoxe hai 1.758 casos activos, o que supón 76 menos que onte. Esta cifra obtense polos 68 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 142 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 17.368 casos rexistrados e 224 persoas falecidas, sete nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria baixou. Hai 45 persoas ingresadas (1 menos) nos catro hospitais. Na UCI do Hula hai 8 e nas diferentes plantas son 37 os enfermos (2 menos); 21 están no de Lugo (2 menos), 9 na Mariña (os mesmos), 6 en Monforte (os mesmos) e 1 no Polusa (o mesmo).

CAMBIO DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta vixente modificarase as 00.00 horas do vindeiro sábado 14 de agosto, sendo o actual como se explica a continuación:

  • En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
  • En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo, Xove e Palas de Rei.
  • No nivel medio están Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros, Cospeito, Outeiro de Rei e As Pontes

POR COMARCAS

A tendencia en toda a provincia de Lugo segue sendo a de baixada na que destaca A Mariña xa que baixan os casos activos en todos os concellos e a comarca de Sarria que se mantén estable e incluso baixan os casos na propia vila.

A Mariña

  • A Pontenova con menos de 10.
  • Alfoz baixa 3 casos ata 21.
  • Barreiros baixa 1 ata 11.
  • Burela 81, 7 menos que onte.
  • Cervo segue en 18.
  • Foz 62 casos, 9 casos menos.
  • Lourenzá leva unha semana sen casos.
  • Mondoñedo, baixa 2 ata 12.
  • O Valadouro segue en13.
  • O Vicedo menos de 10.
  • Ourol con menos de dez.
  • Ribadeo, baixa 2 ata 45.
  • Riotorto sen casos na última semana.
  • Trabada menos de 10 casos.
  • Viveiro: 126 casos, 10 menos.
  • Xove: baixa 1 caso ata 25 casos.

Terra Chá

  • A Pastoriza, menos de 10.
  • Abadín, menos de 10.
  • As Pontes sobe 1 caso ata 28.
  • Begonte, menos de 10.
  • Castro de Rei segue en 16 casos.
  • Cospeito segue en 27.
  • Friol menos de 10.
  • Guitiriz segue en 16.
  • Meira, sobe 1 ata 11.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei baixa 3 ata 33.
  • Pol sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Rábade, menos de 10.
  • Vilalba, sobe 3 ata 53.
  • Xermade, menos de 10.

Comarca de Sarria

  • Láncara, menos de 10 casos.
  • O Incio, menos de 10 casos.
  • O Páramo, menos de 10 casos.
  • Paradela, menos de 10 casos.
  • Samos sen casos nunha semana.
  • Sarria baixa 2 casos ata 47.
  • Triacastela está sen casos dende hai 15 días.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada sobe 2 ata 18.
  • Antas de Ulla menos de 10.
  • As Nogais está sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla, con menos de 10 casos.
  • Baleira, con menos de 10 casos.
  • Becerreá, con menos de 10 casos.
  • Castroverde, con menos de 10 casos.
  • Cervantes, con menos de 10 casos.
  • Guntín con menos de 10 casos.
  • Lugo baixa 28 casos ata os 576.
  • Monterroso baixa 2 casos ata 18 casos.
  • Navia de Suarna, menos de 10 casos.
  • Negueira de Muñiz sen casos na última semana.
  • O Corgo con menos de 10 casos.
  • Palas baixa a 20, 4 menos.
  • Pedrafita, sen casos na última semana.
  • Portomarín, con menos de 10 casos.
  • Ribeira de Piquín, sen novos casos nunha semana.

Ribeira Sacra

  • Monforte baixa 2 ata 72.
  • Chantada baixa 6 ata 35 casos.
  • Quiroga segue en 14
  • Sober, segue en 11.
  • A Pobra de Brollón sobe 2 ata os 20 casos.
  • Carballedo menos de 10 casos.
  • O Saviñao 10 casos.
  • Bóveda menos de 10 casos.
  • Taboada segue en 12.
  • Pantón, sen novos casos nunha semana.
  • Ribas de Sil, sen casos en quince días.
  • Folgoso do Courel sen casos en quince días.

AS RESTRICIÓNS

Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.

Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.

Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.

Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.

En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.

Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13863921165466