Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid segue coa súa tendencia á contención e mantén un descenso paulatino da infección.
Así, hoxe hai 6.205 casos activos, 189 menos que onte, con 479 novos contaxios e 666 altas. Onte os casos baixaron en 297, con 416 novos contaxios e 713 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 43.807 casos rexistrados e 281 persoas falecidas, unha máis que onte.
A presión hospitalaria redúcese algo. Na UCI do Hula son 6 os ingresados (1 menos), mentres en planta son 78 os pacientes (1 menos), 56 no de Lugo (4 menos), 12 na Mariña (2 máis) e 10 en Monforte (1 máis).
POR COMARCAS
Estabilidade con cambios en grandes movementos. En Meira é onde máis subiron, con 10 casos máis. Destacan as baixadas novamente de Lugo, con 35 menos, Ribadeo con 15 e Burela con 13.
Ningún concello está limpo de covid e son cinco os que teñen menos de dez casos. Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras e Folgoso do Courel.
A Mariña
- Alfoz: 38.
- A Pontenova: 103 (2 menos).
- Barreiros: 89.
- Burela: 252 (13 menos).
- Cervo: 151 (5 menos).
- Foz: 284 (2 máis).
- Lourenzá: 55 (5 menos).
- Mondoñedo: 127 (1 máis).
- O Valadouro: 70 (2 máis).
- O Vicedo: 44 (4 máis).
- Ourol: Por debaixo de 10.
- Ribadeo: 271 (15 menos).
- Riotorto: 25 (2 máis).
- Trabada: 23 (5 máis).
- Viveiro: 349 (8 máis).
- Xove: 83 (4 máis).
Terra Chá
- Abadín: 47 contaxios (1 máis).
- A Pastoriza: 87 (5 menos).
- As Pontes: 308 (6 máis).
- Begonte: 55 (1 menos).
- Castro de Rei: 103 (7 menos).
- Cospeito: 103 (4 máis).
- Friol: 57 (2 máis).
- Guitiriz: 101 (4 menos).
- Meira: 70 (10 máis).
- Muras: Por debaixo de 10.
- Outeiro de Rei: 113 (3 menos).
- Pol: 22 (1 máis).
- Rábade: 21 (1 menos).
- Vilalba: 400 (6 máis).
- Xermade: 33 (3 máis).
Comarca de Sarria
- Láncara: 53 enfermos.
- O Incio: 37 (1 menos).
- O Páramo: 46 (4 máis).
- Paradela: 37 (5 menos).
- Samos: 28 (3 máis).
- Sarria: 366 (6 máis).
- Triacastela: 15.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 78 positivos (3 menos).
- As Nogais: 12 (1 máis).
- Antas de Ulla: 34 (3 máis).
- Baleira: 20 (1 menos).
- Baralla: 59 (5 menos).
- Becerreá: 65 (2 máis).
- Castroverde 63.
- Cervantes: 19 (4 máis).
- Guntín: 53 (2 menos).
- Lugo: 2.670 (35 menos).
- Monterroso: 70 (3 máis).
- Navia de Suarna: 11 (2 menos).
- Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
- O Corgo: 54 (5 máis).
- Palas de Rei: 70 (1 máis).
- Pedrafita: 10.
- Portomarín: 18 (2 máis).
- Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 47 enfermos (6 menos).
- Bóveda: 18 (1 máis).
- Carballedo: 56 (4 máis).
- Chantada: 301 (1 máis).
- Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
- Monforte: 460 (7 máis).
- O Saviñao: 69 (6 máis).
- Pantón: 49 (1 máis).
- Quiroga: 72.
- Ribas de Sil: 30.
- Sober: 30 (1 menos).
- Taboada: 59 (5 máis).
RESTRICIÓNS
- A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
- Permítese o consumo en barra.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
- As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).