Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Mentres os casos novos seguen estables por debaixo do 50 diarios na provincia, preocupa o brusco aumento da hospitalización así como un segundo falecido nesta vaga.
Hoxe hai 684 casos activos, 5 máis que onte, cun rexistro de 40 novos positivos e 34 altas. Onte houbo 29 máis, con 47 novos contaxios e 18 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.048 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga. A última, un home de 89 anos que faleceu en Monforte.
A presión hospitalaria continúa subindo, esta xornada de forma brusca. Hai catro ingresados na UCI de Lugo (1 menos) pero son 10 os pacientes en planta (3 máis), 6 no Hula (2 máis), 2 na Mariña e 2 en Monforte (1 máis).
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.
POR COMARCAS
A situación no centro da provincia mellora considerablemente con Lugo descendendo en contaxios. Na zona norte mantense estable con tendencia á melloría e na zona sur mellora a situación pero segue con tendencia negativa.
A Mariña
- Ribadeo baixa 1 ata 27 enfermos.
- Por debaixo de 10: A Pontenova, Burela, Trabada, Foz, Mondoñedo, Cervo, Alfoz, Barreiros e O Valadouro. Únese Viveiro.
- Unha semana sen casos: Xove. Únese Lourenzá.
- Máis de quince días limpos: Ourol e Riotorto. Únese O Vicedo.
Terra Chá
- Vilalba sobe a 47 contaxiados (2 máis).
- Outeiro de Rei sobe a 18 enfermos (1 máis).
- As Pontes reduce 1 ata 13 casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei, Xermade, A Pastoriza e Abadín.
- Máis de quince días limpos: Cospeito, Muras, Rábade, Guitiriz, Begonte e Meira. Únese Pol.
Comarca de Sarria
- Sarria suma 2 casos máis e chega a 21.
- Por debaixo de 10 contaxios: O Incio, Láncara e Paradela.
- Máis de quince días limpos: Samos, Triacastela e O Páramo.
Centro da provincia
- Lugo segue á baixa con 214 (7 menos).
- Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Ribeira de Piquín, Monterroso, Palas, Antas e Becerreá.
- Ente 1 semana e 15 días sen casos: Cervantes, Baralla, Castroverde, Portomarín e Navia de Suarna. Únense Guntín e As Nogais.
- Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira, Negueira de Muñiz e Pedrafita.
Ribeira Sacra
- Carballedo: 12 positivos.
- Chantada: 48 contaxios (2 menos).
- Folgoso do Courel: 16 (1 máis).
- Monforte: 39 casos.
- O Saviñao: 40 enfermos (5 máis).
- Quiroga chega a 13 casos (1 máis).
- Taboada: 22 contaxios.
- Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Pantón e Ribas de Sil.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.
- Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
- As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
- Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.