Sete concellos están xa limpos da covid e 17 por debaixo dos dez enfermos

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
mascaras covid
2 Mar 2022

A covid continúa en caída unha xornada máis malia que sorprende un novo aumento de casos na UCI.

Así, hoxe hai 2.007 casos activos, 125 menos que onte, con 138 novos contaxios e 259 altas. Onte os casos baixaron en 106, con 164 novos contaxios e 270 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 52.216 casos rexistrados e 311 persoas falecidas.

A presión hospitalaria aumenta nas UCI, que pasan a ter 3 pacientes (2 máis que onte). En planta son 40 os pacientes (2 menos), 26 no de Lugo (1 menos), 6 na Mariña (2 menos) e 8 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Son varios os concellos que está xa limpos de covid, Pedrafita quince días e Ourol, Muras, Cervantes, Quiroga, Ribas de Sil e Sober unha semana.

Aumentan tamén o número daqueles que están por debaixo dos dez casos, un total de 17: 3 na Mariña, 3 en Terra Chá, 5 na zona centro, 3 en Sarria e 3 na Ribeira Sacra.

A Mariña

  • Alfoz: 17 casos (4 menos).
  • A Pontenova: 12 (1 menos).
  • Barreiros: 13 (3 menos).
  • Burela: 52.
  • Cervo: 20 (1 menos).
  • Foz: 60 (2 menos).
  • Lourenzá: Menos de 10 casos.
  • Mondoñedo: 31 (2 menos).
  • O Valadouro: 37 (1 máis).
  • O Vicedo: 16 (1 máis).
  • Ourol: Unha semana limpo.
  • Ribadeo: 43 (6 menos).
  • Riotorto: Por debaixo de 10.
  • Trabada: Por debaixo de 10.
  • Viveiro: 108 (3 menos).
  • Xove: 16 (2 menos).

Terra Chá

  • Abadín: Por debaixo de 10.
  • A Pastoriza: 41 (1 máis).
  • As Pontes: 72.
  • Begonte: 20.
  • Castro de Rei: 59 (1 menos).
  • Cospeito: 21 (2 menos).
  • Friol: 21.
  • Guitiriz: 17 (2 menos).
  • Meira: Menos e 10 casos.
  • Muras: Unha semana limpo.
  • Outeiro de Rei: 35 (1 menos).
  • Pol: 10 (1 menos).
  • Rábade: Por debaixo de 10.
  • Vilalba: 166.
  • Xermade: 15.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 15 enfermos.
  • O Incio: Por debaixo de 10.
  • O Páramo: 12 (2 menos).
  • Paradela: 11.
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 118 (5 menos).
  • Triacastela: Por debaixo de 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 66 positivos (1 máis).
  • As Nogais: 16.
  • Antas de Ulla: Por debaixo de 10.
  • Baleira: Por debaixo de 10.
  • Baralla: 34 (2 menos).
  • Becerreá: 25.
  • Castroverde 11.
  • Cervantes: Unha semana sen casos.
  • Guntín: 10 (2 menos).
  • Lugo: 1.090 (64 menos).
  • Monterroso: Por debaixo de 10.
  • Navia de Suarna: 11.
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 24 (2 menos).
  • Palas de Rei: 16 (1 menos).
  • Pedrafita: Quince días sen casos.
  • Portomarín: 11 (1 máis).
  • Ribeira de Piquín: Menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 14 enfermos (1 menos).
  • Bóveda: 10 (1 menos).
  • Carballedo: 16 (1 máis).
  • Chantada: 65 (8 menos).
  • Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
  • Monforte: 167 (10 menos).
  • O Saviñao: 51 (1 máis).
  • Pantón: Por debaixo de 10.
  • Quiroga: Unha semana sen casos.
  • Ribas de Sil: Unha semana sen casos.
  • Sober: Unha semana sen contaxios.
  • Taboada: Menos de 10 casos.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
0.12361192703247