Só 12 concellos superan os dez casos activos de covid

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid 19 antixenos test
24 May 2022

A caída de casos activos de covid na provincia continúa en caída cos casos novos por debaixo do centenar e a hospitalización á baixa.

Así, hoxe hai 1.092 casos, 59 menos que onte, con 92 novos contaxios nas últimas 24 horas e 152 altas na fin de semana.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 67.232 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.

A presión hospitalaria segue a baixar lentamente. Mantense un ingresado na UCI do Hula e en planta hai 41 enfermos (7 menos), 30 están no de Lugo (5 menos), 5 na Mariña (2 menos), 5 en Monforte e 1 no Polusa.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Só Lugo ten movementos destacados nesta xornada, con 12 casos máis.

Os concellos limpos e covid son 6, cando onte eran 7. En total son 12 os concellos os que teñen por riba de dez casos de covid, 2 menos que o sábado.

A Mariña

  • Barreiros: 13 (1 máis).
  • Burela: 34 (1 máis).
  • Foz: 15.
  • Viveiro: 14.
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ribadeo, Riotorto, Trabada e Xove.
  • Unha semana sen casos: Ourol.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 11.
  • As Pontes: 25 (1 máis).
  • Castro de Rei: 19 (4 menos).
  • Outeiro de Rei: 12.
  • Vilalba: 23 (5 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Cospeito, Friol, Guitiriz, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 24 (2 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela e Samos.
  • Unha semana sen casos: Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 248 (12 máis).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna, O Corgo, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Monterroso.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 12 (3 menos).
  • Monforte: 42 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Folgoso do Courel.
0.12244892120361