Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Cambio de tendencia da covid nesta xornada, na que soben de cen os casos novos pero as altas baixan tanto que os casos activos crecen.
Así, hoxe hai 1.447 casos, 53 máis que onte, con 136 novos contaxios nas últimas 24 horas e 79 altas no mesmo período.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 66.793 casos rexistrados e 348 persoas falecidas.
A presión hospitalaria baixa coas UCI baleiras e en planta con 62 enfermos (6 menos), 46 están no de Lugo (3 menos), 7 na Mariña (1 menos), 8 en Monforte (1 menos) e 1 no Polusa. Xa non hai ingresados no Ollos Grandes.
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Caída de casos na análise por concellos sen grandes cambios. Seguen sendo 6 os concellos limpos de covid. Tamén mantense alto o número de concellos con menos de 10 casos: 45 (4 máis). En total son 16 concellos os que teñen por debaixo de dez casos de covid.
A Mariña
- Burela: 27 (3 máis).
- Ribadeo: 17 (1 menos).
- Viveiro: 10 (4 menos).
- Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, Riotorto e Xove.
- Unha semana sen casos: O Vicedo e Trabada.
Terra Chá
- As Pontes: 24 (3 menos).
- Castro de Rei: 23 (4 máis).
- Guitiriz: 12.
- Outeiro de Rei: 11 (2 menos).
- Vilalba: 29 (3 menos).
- Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Cospeito, Meira, Muras, Pol e Xermade.
- Unha semana sen casos: Friol e Rábade.
Comarca de Sarria
- Sarria: 25.
- Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 11.
- Lugo: 285 (7 máis).
- O Corgo: 11 (3 menos).
- Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
- Unha semana sen casos: Pedrafita.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 11 (3 menos).
- Chantada: 23 (1 menos).
- Monforte: 60 (6 menos).
- O Saviñao: 18 (1 menos).
- Quiroga: 11 (3 menos).
- Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Pantón, Ribas de Sil, Sober e Taboada.