Só once concellos da provincia superan os dez casos de covid

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid 19 virus
1 Jun 2022

Tralo reaxuste de onte, os casos volven caer na provincia e a hospitalización descende lentamente.

Así, hoxe hai 905 casos, 14 menos que onte, con 89 novos contaxios nas últimas 24 horas e 98 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 67.904 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.

A presión hospitalaria segue sendo elevada pero cae algo con 2 pacientes na UCI do Hula (1 menos que onte) e en planta hai 35 enfermos (2 menos), 24 están no de Lugo, 2 na Mariña e 9 en Monforte (2 menos).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

A tendencia á baixa faise máis pronunciada. Un total de 12 concellos están limpos de covid polo menos dende fai unha semana.

Ademais, só 11 teñen por riba dos dez casos de covid (1 menos).

A Mariña

  • Foz: 13.
  • Ribadeo: 11.
  • Viveiro: 17.
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, Riotorto, Trabada e Xove.
  • Unha semana sen casos: O Vicedo.

Terra Chá

  • As Pontes: 18 (1 menos).
  • Guitiriz: 11 (1 menos).
  • Outeiro de Rei: 16 (1 menos).
  • Vilalba: 20 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Pol, Rábade e Xermade.
  • Unha semana sen casos: A Pastoriza, Meira e Muras.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 15 (4 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos.
  • Quince días sen casos: Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 207 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, O Corgo, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Baralla e Navia de Suarna.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Ribeira Sacra

  • Chantada. 10.
  • Monforte: 50.
  • O Saviñao: 12.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Pantón, Quiroga e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Sober e Ribas de Sil.
  • Quince días sen casos: Folgoso do Courel.
0.11809086799622