Só quedan 17 concellos limpos de covid e os casos activos seguen subindo

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid estadisticas
13 Dec 2021

Malia a melloría de días pasados a situación nos hospitais da provincia empeora tanto en UCI como en planta ao mesmo tempo que se produce un novo aumento de novos positivos que non palia o número de altas.

Hoxe hai 749 casos activos, 14 máis que onte, cun rexistro de 60 novos positivos e 46 altas. Onte houbo 20 máis, con 66 novos contaxios e 46 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 21.329 casos rexistrados e 257 persoas falecidas, dúas delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria recrudécese. Os ingresados na UCI do Hula seguen en 5 e en planta xa son 11 pacientes (1 máis), 3 no Hula (1 menos), 2 na Mariña e 6 en Monforte.

POR COMARCAS

A covid continúa estendéndose por toda a provincia, con especial incidencia na zona sur. Son poucos os concellos que superan os 10 casos pero cada vez quedan menos limpos, agora só 17.

A Mariña

  • Ribadeo reduce 4 ata 15 enfermos.
  • Foz volve subir ata 16 contaxios (5 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Mondoñedo, Alfoz, Barreiros, O Valadouro, Viveiro, Riotorto, Burela e Lourenzá.
  • Unha semana sen casos: Cervo e Trabada.
  • Máis de quince días limpos: Ourol, O Vicedo e Xove.

Terra Chá

  • Vilalba suma 1 ata 50 contaxiados.
  • Outeiro de Rei reduce a 12 enfermos (4 menos).
  • As Pontes sobe a 19 casos (2 máis).
  •  Begonte volven ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Guitiriz, Muras, Rábade, Pol e Meira.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Xermade e Friol.
  • Máis de quince días limpos: Cospeito.

Comarca de Sarria

  • Sarria queda en 23 enfermos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara e O Incio.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Paradela.
  • Máis de quince días limpos: Samos, Triacastela e O Páramo.

Centro da provincia

  • Lugo recupera número de positivos ata 227 (4 máis).
  • Navia de Suarna volve ter casos.
  • Por debaixo dos 10 casos: Monterroso, Palas, Antas, Becerreá, A Fonsagrada, Baralla, Guntín, Baleira e Pedrafita.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: As Nogais, Ribeira de Piquín e O Corgo.
  • Máis de quince días limpo: Negueira de Muñiz, Cervantes e Castroverde. Únese Portomarín.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 11 positivos (1 menos).
  • Chantada: 56 contaxios.
  • Folgoso do Courel: 30 (2 máis).
  • Monforte: 53 casos (4 máis).
  • O Saviñao: 50 enfermos (2 máis).
  • Pantón: Chega aos 10 casos.
  • Quiroga: 13 casos.
  • Taboada: 28 contaxios (3 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober e Ribas de Sil.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
0.14374089241028