Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A quinta vaga segue en retroceso e esta xornada volve haber unha caída de casos activos aínda que os contaxio novos volveron a subir. Así, hai 809 casos activos, 71 menos que onte, cun rexistro de 48 novos positivos e 119 altas. Onte houbo un descenso de 70 casos activos, con 27 novos enfermos e 96 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.653 casos rexistrados e 241 persoas falecidas, 24 nesta quinta vaga. Trátase de dous mortos máis que onte, un home de 88 anos da residencia das Gándaras e outro de 81 na de DomusVi de Monforte.
A presión hospitalaria baixa un pouco máis. Hai 20 persoas ingresadas en tres hospitais (2 menos). Na UCI do Hula seguen con 5 pacientes, e nas diferentes plantas son 15 os enfermos (2 menos); 11 están no de Lugo (1 máis), 1 na Mariña e 3 en Monforte (3 menos).
MAPA DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito dende hoxe:
-
- En alerta máxima: Ningún.
- En alerta alta: Monforte.
- No nivel medio: Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas e Sarria.
- No nivel baixo: o resto de concellos.
POR COMARCAS
Cambia o mapa de restricións e a situación continúa estable agás un repunte en Monforte, Viveiro e Sarria.
A Mariña
- A Pontenova leva unha semana sen casos.
- Alfoz volve ter algún caso tras quince días limpo.
- Barreiros, unha semana sen casos.
- Burela, por debaixo de 10.
- Cervo leva unha semana sen casos.
- Foz segue con 10 casos.
- Lourenzá está sen casos novos en unha semana.
- Mondoñedo, por debaixo de 10.
- O Valadouro, por debaixo de 10 casos.
- O Vicedo sen casos en quince días.
- Ourol, sen casos xa durante quince días.
- Ribadeo baixa 2 ata 11 e leva unha semana sen casos.
- Riotorto, sen casos xa en quince días.
- Trabada sen casos xa en quince días.
- Viveiro sobe 2 máis ata 14.
- Xove, sen casos máis de quince días.
Terra Chá
- A Pastoriza leva máis dunha semana sen casos novos.
- Abadín está por debaixo de 10 casos.
- As Pontes leva unha semana sen casos.
- Begonte, unha semana sen casos.
- Castro de Rei baixa 3 ata 16.
- Cospeito, por debaixo de 10 casos.
- Friol, sen casos na última semana.
- Guitiriz, sen casos na última semana.
- Meira sen casos na última semana.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei segue por debaixo de 10.
- Pol, sen casos novos en quince días.
- Rábade, unha semana sen contaxios novos.
- Vilalba baixa 5 a 14 casos.
- Xermade, por debaixo de 10.
Comarca de Sarria
- Láncara, por debaixo de 10.
- O Incio, sen casos novos en quince días.
- O Páramo leva xa unha semana sen casos.
- Paradela xa leva unha semana sen casos.
- Samos xa leva quince días sen contaxios.
- Sarria suma 24 casos (2 máis).
- Triacastela, xa son quince días sen casos novos.
Centro da provincia
- A Fonsagrada, sen casos novos nunha semana.
- Antas de Ulla reduce a 12 (2 menos).
- As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
- Baralla baixa 6 casos ata 18.
- Baleira leva sen casos quince días.
- Becerreá, por debaixo de 10 casos.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes xa leva quince días sen casos.
- Guntín, con menos de 10 casos.
- Lugo cae ata 198, 27 casos menos.
- Monterroso baixa a 21 casos (3 menos).
- Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
- Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
- O Corgo xa leva unha semana sen casos.
- Palas de Rei reduce a 22 casos (1 menos).
- Pedrafita leva quince días sen casos.
- Portomarín, unha semana sen casos.
- Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra de Brollón continúa con 11 contaxios.
- Bóveda leva xa quince días sen casos.
- Carballedo, por debaixo de 10 casos.
- Chantada reduce 4 casos ata 11.
- Folgoso do Courel, por debaixo de 10.
- Monforte recupera casos. Son 163, 11 máis.
- O Saviñao xa está por debaixo de 10.
- Pantón, por debaixo de 10.
- Quiroga segue con 11.
- Ribas de Sil, con menos de 10 casos.
- Sober xa leva unha semana sen casos.
- Taboada reduce 1 caso ata 13.
AS RESTRICIÓNS
Na hostalería no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas estarán ao 50%. No nivel alto o interior mantense en 30% e nas terrazas amplíase ao 75%. No nivel medio mantense o interior ao 50% e as terrazas amplíanse ao 100%. No nivel baixo amplíase ao 75% en interior e mantense ao 100% nas terrazas.
En canto ao lecer nocturno, no nivel máximo mantense pechado o interior e as terrazas ao 75%. No nivel alto mantense o interior pechado e as terrazas ao 75%. No nivel medio sitúase a 50% o interior e o 75% nas terrazas. No nivel baixo está ao 50% o interior e ao 100% en terrazas.