- Viveiro ralentiza o crecemento ata 195 casos (13 menos), Burela reduce a 140 (20 menos), Foz baixa a 131 (10 menos) e Cervo a 27 (4 menos), Xove sobe a 24 (e máis); Alfoz mantense en 20 casos, en Valadouro soben a 13 (2 máis), todos en valores de alerta alta ou máxima.
- Con incidencia preto da alerta están Ribadeo, que baixa 2 caos ata 67; Barreiros, segue con 13; Lourenzá está xa por debaixo de 10 e Mondoñedo, baixa a 14 (2 menos) e A Pontenova con menos de 10. Únese Ourol con menos de dez.
- O Vicedo e Riotorto están xa con baixa incidencia.
- Trabada leva xa unha semana sen casos.
Terra Chá
- Coa incidencia controlada están Vilalba, que sobe a 54 casos (2 máis) e baixa As Pontes a 56 (3 menos).
- Outeiro de Rei segue subindo ata 32 (5 máis) e Cospeito sobe tamén a 22 (2 máis). Teñen a incidencia alta.
- Castro de Rei está preto da alerta con 11 casos.
- Guitiriz, Friol, Xermade, A Pastoriza, Begonte e Abadín teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Meira.
- Pol e Rábade levan unha semana sen casos.
- Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo seguen baixando. Son 658 (22 menos).
- Monterroso baixa a 52 casos (2 menos), Palas segue con 30, A Fonsagrada resta 1 ata 18 e Negueira de Muñiz con menos de dez teñen a incidencia alta. Únese Guntín con 13 casos (2 máis)
- Con menos de dez casos e incidencia en risco están Castroverde, Baleira, Ribeira de Piquín e Antas de Ulla (que ten 10).
- O Corgo baixa a 10 (1 menos) e Pedrafita con menos de dez positivos teñen a incidencia baixa. Únese Portomarín.
- Navia de Suarna, Baralla e As Nogais están sen casos na última semana.
- Limpos de covid nos últimos quince días permanece Becerreá. Únese Cervantes.
Comarca de Sarria
- Sarria reduce a 50 positivos (4 máis) coa incidencia preto de risco.
- O Páramo está con valores altos pero non chega a 10 contaxiados.
- Láncara, O Incio e Paradela están en valores baixos de incidencia.
- Triacastela está sen casos dende hai 7 días. Únese Samos
Ribeira Sacra
- Monforte baixa a 91 casos (3 menos), en zona fóra de valores de alerta.
- Chantada reduce de novo a 53 casos (5 menos) e tamén baixa a incidencia.
- Quiroga segue con 16 e a incidencia alta. Únense Sober e A Pobra de Brollón con menos de 10.
- Carballedo sobe a 12 (1 máis), O Saviñao que mantén 11 e Bóveda con 10 están con valores preto de alerta.
- Taboada con 10 e Sober con menos teñen xa a incidencia baixa.
- Ribas de Sil e Folgoso do Courel levan unha semana limpos.
AS RESTRICIÓNS
Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.
Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.
Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.
Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.
En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.
Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.