Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Comeza a fin de semana cunha importante contención de casos debido a un aumento das altas e a caída de casos novos e da hospitalización.
Así, hoxe hai 2.724 casos, 11 máis que onte, con 267 novos contaxios en 24 horas e 255 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 63.876 casos rexistrados e 334 persoas falecidas.
A presión hospitalaria segue elevada nas UCIs, que teñen 7 ingresados, 6 están no Hula e 1 en Burela. E en planta hai 65 enfermos (6 menos), 44 están no de Lugo (1 menos), 11 na Mariña (3 menos) e 10 en Monforte (2 menos).
POR COMARCAS (datos a 1 semana)
Xornada de contención con dúas subidas máis destacadas, en Lugo (22 casos máis) e Taboada (16).
O número de concellos limpos de covid segue en 3 e son 26 os que teñen menos de dez casos (3 máis).
A Mariña
- Alfoz: 12.
- Barreiros: 22 (1 menos).
- Burela: 35 (5 máis).
- Cervo: 30 (1 menos).
- Foz: 45 (9 máis).
- Mondoñedo: 20 (3 menos).
- Ribadeo: 47 (2 menos).
- Trabada: 27 (8 máis).
- Viveiro: 44 (2 menos).
- Xove: 16 (1 máis).
- Por debaixo de 10: A Pontenova, Lourenzá, Ourol, O Valadouro, O Vicedo e Riotorto.
Terra Chá
- Abadín: 13 (3 máis).
- As Pontes: 51 (1 máis).
- Begonte: 19.
- Castro de Rei: 15 (1 menos).
- Cospeito: 12.
- Guitiriz: 14 (1 menos).
- Outeiro de Rei: 20 (2 menos).
- Vilalba: 49 (1 menos).
- Por debaixo de 10: A Pastoriza, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.
Comarca de Sarria
- O Incio: 13.
- O Páramo: 19 (3 menos).
- Sarria: 60 (5 menos).
- Por debaixo de 10 casos: Láncara, Paradela e Samos.
- Quince días sen casos: Triacastela.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 28 (5 máis).
- Antas de Ulla: 18 (2 menos).
- Baleira: 19 (2 máis).
- Baralla: 17 (1 máis).
- Castroverde: 15.
- Lugo: 487 (22 máis).
- Monterroso: 10.
- Navia de Suarna: 10 (1 menos).
- O Corgo: 27 (1 máis).
- Palas de Rei: 19 (3 máis).
- Por debaixo de 10: As Nogais, Becerreá, Cervantes, Guntín, Pedrafita e Portomarín.
- Unha semana sen casos: Negueira de Muñiz.
- Quince días sen casos: Ribeira de Piquín.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 12.
- Chantada: 20 (1 menos).
- Monforte: 111 (1 menos).
- O Saviñao: 17 (6 menos).
- Pantón: 20 (1 máis).
- Quiroga: 32 (5 máis).
- Sober: 57 (5 menos).
- Taboada: 44 (16 máis).
- Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.