Tres concellos súmanse á listaxe de afectados pola covid, na que figuran 13

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid 19
11 Nov 2021

Continúa o lento crecemento da covid na provincia unha xornada máis. Así, hoxe hai 72 casos activos, 4 máis que onte, cun rexistro de 11 novos positivos e 5 altas. Onte houbo 3 máis, con 7 novos contaxios e 4 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.072 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria continúa en 3 persoas ingresadas: queda unha na UCI do Hula e 2 en planta, tamén no centro hospitalario de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades non descartan volver incluír limitacións se o aumento dos contaxios continúa, aínda que estudarán cales serán os máis eficientes. O conselleiro indicou que aínda non hai risco.

POR COMARCAS

O número de concellos afectados pola covid sobe de novo ata 13 (3 máis). Están afectados polo tanto O Valadouro, Foz e Ribadeo na Mariña; na Terra Chá a Castro de Rei, Meira e Vilalba súmase Pol; no centro seguen afectados Lugo e Baleira e únese O Corgo, e no sur seguen con casos en Sarria e Carballedo coa incorporación de Chantada.

A Mariña

  • Por debaixo de 10: Foz, O Valadouro e Ribadeo.
  • Riotorto leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpos: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, O Vicedo, Ourol, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove.

Terra Chá

  • Pol volve ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei, Meira e Vilalba.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Outeiro de Rei.
  • Máis de quince días limpos: A Pastoriza, As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Guitiriz, Muras, Rábade e Xermade. Únese Abadín.

Comarca de Sarria

  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen subindo. Xa son 34 (5 máis).
  • O Corgo volve ter algún contaxio.
  • Por debaixo dos 10 casos: Baleira.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Ribeira de Piquín.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.

Ribeira Sacra

  • Chantada volve ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Carballedo.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Monforte.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12847208976746