Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid segue cobrando o prezo das festas de Nadal cos contaxios novos por riba dos 5.000 e con tres novos falecidos.
Así, hoxe hai 5.068 casos activos, 391 máis que onte, con 468 novos contaxios e 72 altas. Onte os casos subiron en 247, con 397 novos contaxios e 49 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 26.863 casos rexistrados e 262 persoas falecidas, sete delas nesta sexta vaga. Son polo tanto tres as persoas que o Sergas contabilizou onte pero que morreron durante as festas de Nadal. Trátase dunha muller de 91 anos e un home de 89 que faleceron no Hula (a primeira o día 30 de decembro e o segundo o 1 de xaneiro), e un varón de 94 no hospital de Burela, tamén o día 1.
A presión hospitalaria redúcese con estes falecementos. Na UCI do Hula hai 6 ingresados (1 menos), mentres en planta son 30 pacientes (3 menos), 12 no de Lugo (2 menos), 4 na Mariña (1 máis) e 4 en Monforte (2 menos).
POR COMARCAS
A práctica totalidade dos concellos suman positivos e só quedan dous sen casos, Muras e Ribeira de Piquín. Ademais, só 14 teñen menos de dez contaxiados e o crecemento é elevadísimo en Lugo (133 máis), Burela (40), Sarria (30), Monforte (24), Viveiro (19) e Vilalba (14).
A Mariña
- A Pontenova: 15 casos (1 máis).
- Barreiros: 30 (3 máis).
- Burela: 203 (40 máis).
- Cervo: 47 (9 máis).
- Foz: 72 (11 máis).
- Lourenzá: 39 (6 máis).
- Mondoñedo: 33.
- O Vicedo: 15 (2 máis).
- Ribadeo: 118 (8 máis).
- Viveiro: 186 (19 máis).
- Xove: 28 (3 máis).
- Por debaixo de 10: Alfoz, Riotorto, Trabada, O Valadouro e Ourol
Terra Chá
- Abadín: 13 contaxios (1 máis).
- A Pastoriza: 18 (3 máis).
- As Pontes: 150 (8 máis).
- Begonte: 33 (5 máis).
- Castro de Rei: 42 (3 máis).
- Cospeito: 51 (2 máis).
- Friol: 32 (1 máis).
- Guitiriz: 52 (1 máis).
- Meira: 11.
- Outeiro de Rei: 67 (5 máis).
- Rábade: 25 (5 máis).
- Vilalba: 246 (14 máis).
- Xermade: 21 (3 máis).
- Por debaixo de 10 contaxios: Pol.
- Unha semana limpo: Muras.
Comarca de Sarria
- Láncara: 30 enfermos (3 máis).
- O Incio: 19 (1 menos).
- Paradela: 16 (1 máis).
- Samos: 13 (2 máis).
- Sarria: 264 (30 máis).
- Por debaixo de 10 contaxios: O Páramo e Triacastela.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 34 positivos (3 máis).
- Baleira: 11 (1 menos).
- Baralla: 37 (1 máis).
- Becerreá: 35 (5 máis).
- Castroverde 37 (1 menos).
- Cervantes: 10.
- Guntín: 32.
- Lugo: 1.879 (133 máis).
- Monterroso: 39 (2 máis).
- Navia de Suarna: 10.
- O Corgo: 47 (8 máis).
- Palas de Rei: 31 (5 máis).
- Portomarín: 17 (5 máis).
- Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Pedrafita, Negueira de Muñiz e Antas de Ulla.
- Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 14 enfermos (2 máis).
- Bóveda: 16 (2 máis).
- Carballedo: 11.
- Chantada: 93 (4 máis).
- Monforte: 380 (24 máis).
- O Saviñao: 36 (1 máis).
- Pantón: 43 (3 máis).
- Quiroga: 43.
- Sober: 39 (2 máis).
- Taboada: 32 (5 máis).
- Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil e Folgoso do Courel.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus, será a partir do día 30 ás 00.00 horas e ata o 18 de xaneiro.
- A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, e excepto os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas, e a Noitevella ata a 1.00 horas.
- Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas (Está pendente da autorización do TSXG).
- Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
- Durante a Noitevella os bares e restaurantes pecharán á 1.00 e non poderán volver abrir ata as 10.00 do 1 de xaneiro. Para o lecer nocturno barállanse dous escenarios: abrir ata as 3.00 ou directamente manter pechado se non o ve viable.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
- Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade. Así como presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- As mesas en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
- A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
- Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.