Un centenar de deportistas galegos recibirán hoxe no Teatro Principal de Ourense as medallas ao mérito deportivo

Concédense en recoñecemento ao labor ou traxectoria no ámbito deportivo de Galicia, así como pola contribución ao fomento do deporte na comunidade
premios-merito-deportivo-xunta
Entrega de premios ao mérito deportivo, 2024
26 Mar 2025

A Xunta de Galicia entregará este mércores, 26 de marzo, as distincións ao mérito deportivo de Galicia correspondentes ao ano 2024 nun acto que se celebrará no Teatro Principal de Ourense. O Diario Oficial de Galicia publicou o 24 de marzo a relación das 99 persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos que recibirán nesta ocasión a máxima condecoración do deporte a nivel autonómico.

Máis de medio milleiro de recoñecidos

A entrega das Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia reactivouse en 2022 tras os anos de pandemia cunha gala celebrada en Santiago de Compostela na que se entregaron 106 condecoracións. O ano pasado foron 109 as entregadas, neste caso en Ferrol. En total as persoas e entidades recoñecidas xa suman máis de medio milleiro.

Estas distincións foron creadas en 2010 e son concedidas anualmente logo de proposta motivada do xurado cualificador, en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos que estean contribuíndo ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da comunidade autónoma de Galicia.

 

 

 

⚙ Configurar cookies
0.097801208496094