Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Os casos activos continúan baixando este xoves grazas ás altas e que baixaron os novos contaxios, tamén baixou a hospitalización en planta e na UCI. Así, hoxe hai 1.676 casos activos, o que supón 82 menos que onte. Esta cifra obtense polos 66 novos enfermos que sumaron en 24 horas e as 147 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 17.434 casos rexistrados e 225 persoas falecidas, oito nesta quinta vaga.
A presión hospitalaria baixou. Hai 41 persoas ingresadas (4 menos) nos catro hospitais. Na UCI do Hula hai 7 e nas diferentes plantas son 34 os enfermos (3 menos); 23 están no de Lugo (2 máis), 4 na Mariña (5 menos), 6 en Monforte (os mesmos) e 1 no Polusa (o mesmo).
CAMBIO DE RESTRICIÓNS
O sistema de alerta vixente modificarase as 00.00 horas do vindeiro sábado 14 de agosto, sendo o actual como se explica a continuación:
- En alerta máxima: Burela, Foz, Viveiro e Monterroso.
- En alerta alta: Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo, Xove e Palas de Rei.
- No nivel medio están Sarria, Vilalba, Mondoñedo, Barreiros, Cospeito, Outeiro de Rei e As Pontes
POR COMARCAS
Segue un día máis o descenso de casos activos en toda a provincia no que destacan Burela, que baixou 22 casos, e Lugo, 38. Malia esta baixada é importante mencionar o pequeno repunte en Ribadeo, As Pontes, Sarria e Monforte.
A Mariña
- A Pontenova con menos de 10.
- Alfoz baixa 3 casos ata 18.
- Barreiros baixa 1 ata 10.
- Burela 59, 22 menos que onte.
- Cervo baixa 1 ata 17.
- Foz 56 casos, 6 casos menos.
- Lourenzá leva unha semana sen casos.
- Mondoñedo, con 10 casos.
- O Valadouro segue en13.
- O Vicedo menos de 10.
- Ourol con menos de dez.
- Ribadeo, sobe 4 ata 49.
- Riotorto sen casos na última semana.
- Trabada menos de 10 casos.
- Viveiro: 115 casos, 11 menos.
- Xove: baixa 2 casos ata 23 casos.
Terra Chá
- A Pastoriza, menos de 10.
- Abadín, menos de 10.
- As Pontes sobe 2 casos ata 30.
- Begonte, menos de 10.
- Castro de Rei baixa 2 casos ata 14.
- Cospeito baixa 1 caso ata 26.
- Friol menos de 10.
- Guitiriz sobe 1 ata 17.
- Meira, segue en 11.
- Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
- Outeiro de Rei baixa 2 ata 31.
- Pol sen positivos dende hai máis de quince días.
- Rábade, menos de 10.
- Vilalba, baixa 2 casos ata 51.
- Xermade, menos de 10.
Comarca de Sarria
- Láncara, menos de 10 casos.
- O Incio, menos de 10 casos.
- O Páramo, sen casos nunha semana.
- Paradela, menos de 10 casos.
- Samos, menos de 10 casos.
- Sarria sobe 2 casos ata 49.
- Triacastela está sen casos dende hai 15 días.
Centro da provincia
- A Fonsagrada baixa 2 casos ata 16.
- Antas de Ulla sen casos na última semana.
- As Nogais sen casos nos últimos quince días.
- Baralla, con menos de 10 casos.
- Baleira, sen casos na última semana.
- Becerreá, con menos de 10 casos.
- Castroverde, con menos de 10 casos.
- Cervantes, con menos de 10 casos.
- Guntín con menos de 10 casos.
- Lugo baixa 38 casos ata os 538.
- Monterroso segue en 18 casos.
- Navia de Suarna, menos de 10 casos.
- Negueira de Muñiz sen casos na última semana.
- O Corgo con 10 casos.
- Palas baixa 1 casos ata 19.
- Pedrafita, sen casos na última semana.
- Portomarín, con menos de 10 casos.
- Ribeira de Piquín, sen novos casos nunha semana.
Ribeira Sacra
- Monforte sobe 6 ata 78.
- Chantada baixa 4 ata 31 casos.
- Quiroga segue en 14
- Sober, segue en 11.
- A Pobra de Brollón segue en 20 casos.
- Carballedo menos de 10 casos.
- O Saviñao menos de 10 casos.
- Bóveda menos de 10 casos.
- Taboada segue en 12.
- Pantón, sen novos casos nunha semana.
- Ribas de Sil, sen casos en quince días.
- Folgoso do Courel sen casos en quince días.
AS RESTRICIÓNS
Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.
Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.
Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.
Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.
En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.
Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.