- Viveiro segue sumando ata 243 casos (4 máis), Cervo baixa a 40 casos (1 menos), Burela 172 (14 máis), Foz 144 (1 menos), Ribadeo 91 (4 menos), Mondoñedo segue con 23, Barreiros con 15, Lourenzá e O Valadouro teñen 13 casos, Alfoz sobe a 12 e O Vicedo segue con 10, todos en valores de alerta alta ou máxima.
- Ourol volve aproximarse a valores de alerta.
- Con algún caso activo e incidencia baixa están Xove, Trabada e A Pontenova.
- Riotorto leva limpo 15 días.
Terra Chá
- Vilalba segue con 63 casos coa incidencia controlada.
- As Pontes tampouco sobe e queda en 54 casos.
- Rábade, con 16 casos (1 máis), está con incidencia moi alta.
- Abadín sobe a 10 casos e ten xa a incidencia alta.
- Outeiro de Rei sobe a 19 casos (1 máis) e Begonte e Meira con menos de dez están en valores preto de alerta.
- Guitiriz, Friol, Pol, Castro de Rei, Xermade, A Pastoriza e Cospeito (que baixa de 10) teñen casos pero con baixa incidencia.
- Sen positivos dende hai máis de quince días está Muras.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo seguen crecendo sen control ata 589 (21 máis).
- O gromo en Monterroso segue sumando ata 44 (1 máis).
- Palas con 23 (1 máis), A Fonsagrada con 13 (2 máis), O Corgo con 11 (1 máis) e Antas de Ulla con menos de 10 teñen a incidencia alta.
- Portomarín e Guntín reducen a incidencia fóra da zona de alerta.
- Castroverde, As Nogais, Baleira, Navia de Suarna e Baralla teñen positivos pero con baixa incidencia.
- Becerreá, Cervantes e Pedrafita están sen casos na última semana.
- Limpos de covid nos últimos quince días permanecen Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.
Comarca de Sarria
- Sarria sobe a 63 positivos (4 máis) coa incidencia en risco.
- Paradela con 10 casos (1 menos), Triacastela, O Páramo e Samos teñen a incidencia preto de valores de alerta.
- Láncara reduce a incidencia a valores baixos.
- O Incio segue limpo de covid dende fai dúas semanas.
Ribeira Sacra
- Monforte suma ata 89 casos (2 menos), en zona de alerta.
- Chantada sobe de novo a 63 casos (3 máis).
- Carballedo con menos de 10, Bóveda con 10 (1 menos) e Taboada con 11 (1 menos) están coa incidencia moi alta.
- O Saviñao (con 10) e Folgoso do Courel e A Pobra de Brollón, con menos de dez casos, están en valores preto de alerta.
- Ribas do Sil e Quiroga teñen casos pero con baixa incidencia.
- Pantón e Sober levan sen contaxios unha semana.
AS RESTRICIÓNS
Nas zonas de nivel máximo poderán entrar nestes locais aqueles que teñan certificado de vacinación completa, que pasaran a enfermidade ou teñan un test negativo. Os aforos están no 30% en interior e no 50% en exterior e os horarios manteranse como ata o de agora, con peche ás 1.00 horas.
Nas zonas de nivel alto, o aforo será do 50% en interior e exterior e esixirase os mesmos documentos para entrar. O ocio nocturno permanecerá pechado nos 36 concellos en alerta máxima.
Por último, en nivel medio os aforos tamén estarán limitados ao 50% en interior e exterior, e en nivel medio baixo, ao 50% en interior e 100% en exterior. Nestes casos non será necesario presentar a acreditación obrigatoria dos niveis máis altos de restricións.
Para o ocio nocturno, que pode seguir aberto, as restricións serán as mesmas que ata o de agora, presentar probas, rexistro de clientes e medidor de CO2.
En toda Galicia, quedan prohibidas as reunións de máis de 6 personas no conviventes en interiores e de 10 en exteriores, ou de máis de dúas unidades de conviventes nos dous casos. Os non conviventes tampouco poderán reunirse entre a 1.00 e as 6.00 horas nos concellos con nivel alto e máximo e entre as 3.00 e as 6.00 no resto.
Non haberá peche perimetral en ningún dos concellos.