Un incendio en O Portelo, Cervantes, obriga a cortar unha estrada e mantén en alerta a Pedrafita

As autoridades recomendaron á veciñanza dos Ancares permanecer nas casas e extremar precaucións
Incendio-Cervantes-Pedrafita-sabado-16-agosto
Incendio activo en Ribadavia
16 Aug 2025

Un lume declarado na madrugada deste sábado na zona de O Portelo, no municipio de Cervantes, mantén en alerta tamén ao concello veciño de Pedrafita do Cebreiro.

A Dirección Xeral de Tráfico informou de que a estrada LU-P-4504, que conecta Pedrafita co Alto de O Portelo, permanece pechada ao tráfico debido á proximidade das lapas e ás tarefas de extinción que se están a desenvolver.

As autoridades activaron un protocolo de aviso á poboación e remitiron mensaxes aos veciños da contorna, tanto na comarca dos Ancares como nas áreas limítrofes con Castela e León, pedíndolles que non abandonen as súas vivendas e que extremen as precaucións ante a evolución do incendio.

Por outra banda, a provincia de Ourense vive unha das vagas incendiarias máis devastadoras das últimas décadas.

O lume que afecta ao municipio de Chandrexa de Queixa superou xa as 16.000 hectáreas calcinadas, converténdose no incendio máis grande rexistrado en Galicia. O fogo continúa activo e esténdese tamén a Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza.

A orixe deste gran incendio está en varios focos que comezaron en días diferentes: un o venres 8 en Requeixo (Chandrexa), outro o martes 12 en Parafita, e a reactivación dun lume anterior en Vilariño de Conso, na parroquia de Mormentelos. Todos eles acabaron por unirse nun único incendio de enormes dimensións.

Para as tarefas de extinción mobilizáronse de forma acumulada 23 técnicos, 127 axentes, 143 brigadas, 98 motobombas, 15 pas, 14 unidades de apoio, 20 helicópteros e 17 avións, ademais de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Datos dos incendios activos actualmente:

Activo Chandrexa de Queixa (Requeixo e Parafita) e Vilariño de Conso-Mormentelos

O venres día 8 ás 12.51 horas iniciouse un incendio no concello de Chandrexa, parroquia de Requeixo. O martes día 12 empezou outro na parroquia de Parafita, neste mesmo municipio. Este xoves, reactivouse o incendio do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que permanecía estabilizado desde a noite do pasado luns e o cal se iniciou o domingo ás 17.30 horas

 Os tres acabaron por unirse nun só lume, que permanece activo. Segundo as últimas estimacións provisionais, afectan unha superficie total de 16.000 hectáreas, parte delas tamén nos municipios de Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado, 23 técnicos, 127 axentes, 143 brigadas, 98 motobombas, 15 pas, 14 unidades técnicas de apoio, 20 helicópteros e 17 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

 Activo Maceda (Santiso e Castro de Escuadro)

Ás 23.37 horas do domingo 10 iniciouse un incendio no concello de Maceda, na parroquia de Castro de Escuadro. O martes 12 ás 03.13 horas empezou outro na parroquia de Santiso, neste mesmo municipio. Ambos acabaron tamén por unirse nun só lume, que permanece activo. Segundo as últimas estimacións provisionais, este incendio afecta en conxunto unha superficie de arredor de 3.000 hectáreas, parte delas do municipio de Vilar de Barrio. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 10 técnicos, 85 axentes, 126 brigadas, 77 motobombas, 11 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 17 helicópteros e 18 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

 Activo Oímbra-A Granxa

Permanece activo o incendio forestal do municipio ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 10.500 hectáreas, parte delas nos concellos de Monterrei, Cualedro, Verín e Laza. O lume iniciouse ás 14.39 horas do martes e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 15 técnicos, 48 axentes, 60 brigadas, 44 motobombas, 2 pas, 5 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 10 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo A Mezquita-A Esculqueira

Desde as 09.42 horas do martes está activo o incendio forestal que se iniciou no concello ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira e que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 9.000 hectáreas. Este lume afecta tamén aos municipios da Gudiña e Viana do Bolo; así como a territorio da provincia de Zamora. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 4 técnicos, 25 axentes, 24 brigadas, 22 motobombas, 4 pas, 1 tractor, 3 unidades técnicas de apoio, 11 helicópteros e 15 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Tamén colaboran nas tarefas de extinción medios terrestres portugueses.

 Activo Vilardevós-Vilar de Cervos

Está activo desde o mércores ás 18.09 horas o incendio no concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 700 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 13 axentes, 8 brigadas, 10 motobombas, 2 helicópteros e 2 avións.

 Activo Vilardevós-Moialde

Na tarde deste xoves reactivouse o incendio forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde, que se iniciou ás 16.05 horas do luns. Afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, arredor de 500 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 4 técnicos, 18 axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 7 avións.

 Activo Vilardevós-Fumaces e a Trepa

Activo desde as 17.41 horas do xoves o incendio forestal no concello de Vilardevós, parroquia de Fumaces e a Trepa, que segundo as últimas estimacións rolda as 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 3 avións.

 Activo Larouco-Seadur

Desde as 18.55 do mércores está activo o incendio no concello de Larouco, parroquia de Seadur, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 2.000 hectáreas, parte delas nos concellos de Petín, Quiroga e A Rúa. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 10 técnicos, 36 axentes, 55 brigadas, 40 motobombas, 6 pas, 8 helicópteros e 2 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Carballeda de Avia-Vilar de Condes

Está activo desde as 16:38 horas de onte un incendio no concello ourensán de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes que, segundo as últimas estimacións, rolda as 200 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 7 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Activo Carballeda de Avia-Carballeda

Activo desde as 18:16 horas de onte venres un incendio no concello ourensán de Carballeda de Avia, parroquia de Carballeda, que supera as 20 hectáreas e está pendente dunha nova estimación de superficie. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 4 axentes, 4 brigadas, 1 motobomba e 1 pa.

 Estabilizado Montederramo-Paredes

Segue estabilizado desde as 10.35 horas do martes o incendio forestal do concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes, que se iniciou o luns ás 04.50 horas e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 axentes, 13 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 7 avións.

Controlado Verín-Mourazos

Esta controlado, desde as 01.01 horas do martes, o incendio forestal do concello ourensán de Verín, parroquia de Mourazos, iniciado ás 13.15 horas do luns. A superficie afectada estimada provisional é de arredor de 9 hectáreas e, para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 1 técnico, 7 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 6 avións.

Extinguido Seixalbo

Extinguido desde as 00.51 horas da madrugada de hoxe o incendio forestal iniciado ás 14.14 horas do martes na localidade de Ourense, parroquia de Seixalbo, que segundo as finalmente afectou unha superficie de 107,79 hectáreas, das cales 77,79 se corresponden con monte raso e as 30 restantes con arborado. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 1 técnico, 19 axentes, 21 brigadas, 12 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións.

⚙ Configurar cookies
0.26892304420471