Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid continúa campando na provincia e aumentando o número de afectados.
Así, hoxe hai 5.549 casos activos, 481 máis que onte, con 563 novos contaxios e 88 altas. Onte os casos subiron en 391, con 468 novos contaxios e 72 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 27.433 casos rexistrados e 263 persoas falecidas, oito delas nesta sexta vaga. É un máis que onte, cando se comunicaron tres decesos, unha muller de 79 anos no hula.
A presión hospitalaria redúcese con estes falecementos. Na UCI do Hula seguen 6 ingresados, mentres en planta son 18 pacientes (2 menos), 11 no de Lugo (1 menos), 3 na Mariña (1 menos) e 4 en Monforte.
POR COMARCAS
Hoxe aumentan os concellos sen casos actualmente, sendo xa tres: a Muras e Ribeira de Piquín súmase Negueira de Muñiz. Ademais, só 10 seguen por debaixo dos dez contaxiados (4 menos que onte) e o crecemento é elevadísimo en Lugo (173 máis), Viveiro (34), Sarria (30), Monforte (24), Burela (23), Chantada (17) e Monforte (14).
A Mariña
- A Pontenova: 17 casos (2 máis).
- Barreiros: 32 (2 máis).
- Burela: 226 (23 máis).
- Cervo: 56 (9 máis).
- Foz: 85 (13 máis).
- Lourenzá: 38 (1 menos).
- Mondoñedo: 34 (1 máis).
- O Valadouro: 15.
- O Vicedo: 17 (2 máis).
- Ourol: 12.
- Ribadeo: 125 (7 máis).
- Viveiro: 220 (34 máis).
- Xove: 33 (5 máis).
- Por debaixo de 10: Alfoz, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- Abadín: 15 contaxios (2 máis).
- A Pastoriza: 17 (1 menos).
- As Pontes: 156 (6 máis).
- Begonte: 41 (8 máis).
- Castro de Rei: 44 (2 máis).
- Cospeito: 54 (3 máis).
- Friol: 39 (7 máis).
- Guitiriz: 59 (7 máis).
- Meira: 13 (2 máis).
- Outeiro de Rei: 74 (7 máis).
- Rábade: 23 (2 menos).
- Vilalba: 254 (8 máis).
- Xermade: 21.
- Por debaixo de 10 contaxios: Pol.
- Unha semana limpo: Muras.
Comarca de Sarria
- Láncara: 46 enfermos (16 máis).
- O Incio: 18 (1 menos).
- O Páramo: 11.
- Paradela: 17 (1 máis).
- Samos: 14 (1 máis).
- Sarria: 282 (18 máis).
- Por debaixo de 10 contaxios: Triacastela.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 40 positivos (6 máis).
- Baleira: 11 (1 menos).
- Baralla: 38 (1 máis).
- Becerreá: 39 (4 máis).
- Castroverde 39 (2 máis).
- Cervantes: 13 (3 máis).
- Guntín: 36 (4 máis).
- Lugo: 2.052 (173 máis).
- Monterroso: 41 (2 máis).
- Navia de Suarna: 11 (1 máis).
- O Corgo: 47.
- Palas de Rei: 33 (2 máis).
- Portomarín: 18 (1 máis).
- Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Pedrafita e Antas de Ulla.
- Unha semana sen casos: Negueira de Muñiz.
- Máis de quince días limpo: Ribeira de Piquín
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 13 enfermos (1 menos).
- Bóveda: 16.
- Carballedo: 13 (2 máis).
- Chantada: 110 (17 máis).
- Monforte: 394 (14 máis).
- O Saviñao: 40 (4 máis).
- Pantón: 49 (6 máis).
- Quiroga: 39 (4 menos).
- Sober: 40 (1 máis).
- Taboada: 32.
- Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil e Folgoso do Courel.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus, será a partir do día 30 ás 00.00 horas e ata o 18 de xaneiro.
- A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, e excepto os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas, e a Noitevella ata a 1.00 horas.
- Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas (Está pendente da autorización do TSXG).
- Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
- Durante a Noitevella os bares e restaurantes pecharán á 1.00 e non poderán volver abrir ata as 10.00 do 1 de xaneiro. Para o lecer nocturno barállanse dous escenarios: abrir ata as 3.00 ou directamente manter pechado se non o ve viable.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
- Mantense a esixencia do certificado covid na hostalaría.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade. Así como presentar o certificado COVID en residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- As mesas en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
- A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
- Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.