Un novo falecido nunha xornada na que crecen os novos contaxios e a hospitalización

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
mascaras covid
14 Xan 2022

Tralo reaxuste de onte polas altas, a cifras volven ofrecer datos de aumento da infección e máis persoas ingresadas.

Así, hoxe hai 6.683 casos activos, 366 menos que onte, con 817 novos contaxios e 449 altas. Onte os casos baixaron 1.602, con 717 novos contaxios e 2.403 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 32.932 casos rexistrados e 268 persoas falecidas, once delas nesta sexta vaga. É unha máis que onte, unha muller de 92 anos ingresada no Hula.

A presión hospitalaria volve subir. Na UCI do Hula si baixan a 3 ingresados (1 menos), mentres en planta son 50 pacientes (5 máis), 35 no de Lugo (7 máis), 9 na Mariña e 6 en Monforte (2 menos).

POR COMARCAS

A provincia ofrece un panorama moi diferente con crecementos espectaculares en moitas localidades. Lugo encabeza a situación con 549 casos máis, pero lle seguen Sarria (117 contaxios máis), Viveiro (85), Ribadeo (66), Vilalba (69), Burela (61), Monforte (53), As Pontes (47), Guitiriz e Chantada (41), Foz (39). En todos os concellos agás en Sober o resultado fala de aumento, en moita maior medida que nos días precedentes.

Muras volve ser o único concello limpo de covid e por debaixo dos dez enfermos só quedan 3 (As Nogais, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín).

A Mariña

  • Alfoz: 16 (3 máis).
  • A Pontenova: 51 (1 máis).
  • Barreiros: 53 (3 máis).
  • Burela: 410 (20 máis).
  • Cervo: 113 (23 máis).
  • Foz: 169 (18 máis).
  • Lourenzá: 39 (8 menos).
  • Mondoñedo: 58 (6 máis).
  • O Valadouro: 51 (4 máis).
  • O Vicedo: 11.
  • Ourol: 24.
  • Ribadeo: 213 (5 máis).
  • Riotorto: 11.
  • Trabada: menos de 10.
  • Viveiro: 384 (42 máis).
  • Xove: 74 (11 máis).

Terra Chá

  • Abadín: 39 contaxios (3 máis).
  • A Pastoriza: 45 (6 máis).
  • As Pontes: 215 (4 menos).
  • Begonte: 56 (1 máis).
  • Castro de Rei: 79 (7 máis).
  • Cospeito: 69 (2 menos).
  • Friol: 43 (2 menos).
  • Guitiriz: 161 (26 máis).
  • Meira: 24 (1 máis).
  • Outeiro de Rei: 84 (2 menos).
  • Pol: 23 (2 máis).
  • Rábade: 38 (1 menos).
  • Vilalba: 286 (7 máis).
  • Xermade: 24 (4 menos).
  • Máis de quince días limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 69 enfermos (3 menos).
  • O Incio: 13 (1 máis).
  • O Páramo: 26 (2 máis).
  • Paradela: 23 (1 máis).
  • Samos: 28 (4 máis).
  • Sarria: 489 (6 máis).
  • Triacastela: 14 (1 máis).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 67 positivos (3 máis).
  • Antas de Ulla: 16 (1 máis).
  • Baleira: 14 (2 máis).
  • Baralla: 64 (4 máis).
  • Becerreá: 43.
  • Castroverde 33 (1 menos).
  • Cervantes: 35 (3 máis).
  • Guntín: 50 (2 máis).
  • Lugo: 3.089 (135 máis).
  • Monterroso: 76 (2 máis).
  • Navia de Suarna: 13 (1 menos).
  • O Corgo: 74 (1 menos).
  • Palas de Rei: 41.
  • Pedrafita: 15 (1 máis).
  • Portomarín: 24 (2 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 12 enfermos (1 máis).
  • Bóveda: 16 (2 máis).
  • Carballedo: 24 (3 máis).
  • Chantada: 190 (7 máis).
  • Folgoso do Courel: 24 (2 máis).
  • Monforte: 403 (3 menos).
  • O Saviñao: 38 (1 máis).
  • Pantón: 43 (2 menos).
  • Quiroga: 66 (4 máis).
  • Ribas de Sil: 17 (3 máis).
  • Sober: 34 (3 menos).
  • Taboada: 40 (4 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.
0.12754988670349