Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Novo parón no crecemento da covid na provincia neste tempo de gromos. Este sábado a provincia rexistra só un caso activo máis o que fai un total de 234. Na xornada anterior a subida foi de 11.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 12 casos novos (onte foron 21). As altas chegaron ás 11.387, 13 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 10.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.842 casos rexistrados e 216 persoas falecidas. Trátase dun home de 82 anos que faleceu no hospital de Monforte.
A presión hospitalaria mantense estable. Hai tres persoas na UCI, unha máis pero dúas menos ingresadas en planta, que son 9, 3 están no Hula (1 menos), 3 en Burela e 3 en Monforte (1 menos).
Os cambios de restricións por concellos quedarán a partir de hoxe do seguinte xeito:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Cervo, Xove, Vilalba e Monforte.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
Na Mariña a situación normalízase agás en Viveiro, que segue sumando positivos. Vilalba pola contra reduce casos mentres no resto mantense estable a situación cos concellos por debaixo de niveles de alerta malia ter algún caso.
A Mariña
- Os casos en Viveiro seguen subindo, ata 44, 3 máis que onte.
- Elevada incidencia para Xove polos casos vinculados co gromo de Viveiro, pero con menos de dez.
- Cervo, que está en alerta media, ten xa moi baixa a incidencia.
- Incidencia tamén leve en Burela, Foz, Ribadeo, Mondoñedo e Alfoz.
- Lourenzá está sen casos na última semana.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros e Trabada.
Terra Chá
- Vilalba reduce os positivos a 21 (3 menos) casos.
- Guitiriz, Begonte, Cospeito e As Pontes están por debaixo de dez casos pero con incidencia leve.
- Pol non tivo casos na última semana.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol, Meira e Xermade.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo sobe a 68 (2 máis).
- Navia de Suarna continúa cunha incidencia alta de casos, pero por debaixo de 10.
- Con incidencia leve están Portomarín e Castroverde.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas, O Corgo e Monterroso.
Comarca de Sarria
- O Incio ten casos por debaixo de dez e rebaixa a incidencia a niveles moi baixos.
- Sarria leva unha semana sen casos.
- Triacastela, Samos, Paradela e O Páramo seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos. Únese Láncara.
Ribeira Sacra
- Monforte segue en 22 positivos en 15 días.
- A Pobra de Brollón, Chantada e Taboada teñen positivos pero con incidencia leve. Únese Quiroga.
- Sober leva unha semana sen positivos. Únese Pantón.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso e Carballedo.