Un novo falecido por covid, un mes despois, e segue o aumento de casos

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid neno xabon mans
18 Nov 2021

Tras un mes de tranquilidade, a covid volveu cobrarse unha nova vítima na provincia nunha nova xornada de aumento de casos debido ao novos contaxios. Por outra banda, cae ao mínimo a hospitalización.

Así, hoxe hai 170 casos activos, 17 máis que onte, cun rexistro de 20 novos positivos e 2 altas. Onte houbo 19 máis, con 26 novos contaxios e 6 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.188 casos rexistrados e 255 persoas falecidas, 38 nesta quinta vaga. A falecida é unha muller de 86 anos que estaba ingresada no Hula. A provincia levaba case un mes sen rexistrar decesos.

A presión hospitalaria cae a mínimos con só unha persoa ingresada, un paciente na UCI do Hula.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades non descartan volver incluír limitacións se o aumento dos contaxios continúa, aínda que estudarán cales serán os máis eficientes.

POR COMARCAS

O número de concellos afectados pola convid volve aumentar ata 21 (1 máis). Na Mariña son Foz, Ribadeo, Burela, O Vicedo, Viveiro e Barreiros e únese Alfoz e na Terra Chá a Meira, Vilalba, Outeiro de Rei, Guitiriz e Friol súmase Castro de novo pero queda limpo Pol. No centro, con Lugo seguen O Corgo, Palas e As Nogais, e no sur Sarria, Chantada e Folgoso do Courel. Xa son dous os concellos que superan os dez casos, Lugo e Outeiro de Rei.

A Mariña

  • Alfoz volve ter algún caso.
  • Por debaixo de 10: Foz, Ribadeo, Burela, O Vicedo, Barreiros e Viveiro.
  • O Valadouro leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpos: A Pontenova, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Trabada e Xove. Únese Riotorto.

Terra Chá

  • Castro de Rei volve ter casos.
  • Outeiro de Rei sobe a 11 contaxios.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Meira, Vilalba, Guitiriz, Begonte e Friol.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Entra Pol.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, A Pastoriza, As Pontes, Cospeito, Muras, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen subindo. Xa son 83 (2 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Palas e As Nogais.
  • Baleira leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Chantada e Folgoso do Courel.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Carballedo.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Monforte, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
0.13483595848083