Un único positivo novo e descenso de ingresados é o balance das últimas horas

Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid 19
22 Mar 2021

Nova xornada de contención do virus co rexistro este luns de 193 os activos, 5 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 18.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 1 caso novo (onte foron 6). Ademais, as altas chegaron ás 11.548, 8 en 24 horas, o día anterior foron 22.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.957 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.

A presión hospitalaria continúa a lenta redución. Na UCI do Hula hai 3 persoas ingresadas, e en planta son 11 os enfermos (2 menos), 9 no hospital de Lugo, 2  en Burela e Monforte queda libre de enfermos.

POR COMARCAS

A Mariña

Xornada sen cambios. Incidencia mínima en Viveiro, Burela, Riotorto e Xove.

  • Sen casos novos en 15 días están: Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo e A Pontenova.
  • Na última semana tampouco tiveron Lourenzá e Ribadeo.

Terra Chá

A comarca mantén unha incidencia mínima en Xermade, Outeiro, Friol, Guitiriz e Vilalba.

  • Guitiriz segue por debaixo de dez casos pero en alerta media malia ter xa unha incidencia por debaixo.
  • No veciño Concello das Pontes están en 12 casos, 1 máis.
  • Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Rábade e Meira.
  • Begonte e Castro de Rei sen casos novos na última semana.

Centro da provincia

A comarca mantén a incidencia de casos estable en relación á fin de semana.

  • Lugo segue en 32 positivos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira e Guntín.
  • Sen casos os últimos 7 están Palas e O Corgo.

Comarca de Sarria

A situación mellora en Samos, Sarria e Láncara pero segue estable en Paradela.

  • Paradela rebaixa dos dez casos e seguirá en máxima alerta con niveis de alta.
  • Sarria reduce 1 caso e queda en 20.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.
  • Samos e Láncara xa levan unha semana sen novos positivos.

Ribeira Sacra

Monforte suma casos, O Saviñao eleva a incidencia mentres Pantón a rebaixa, xunto con Sober e Chantada e os tres poderían saír da situación de alerta media na que están .

  • Monforte ten hoxe 32 casos, 1 máis.
  • O Saviñao malia ter menos de 10 casos está con incidencia de nivel medio.
  • Pantón está por debaixo dos dez casos e a incidencia segue reducíndose están xa por debaixo dos valores de alerta media.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
  • Sen casos nos últimos sete días están Bóveda, A Pobra de Brollón e Sober.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14320707321167