Vilalba intégrase desde este martes no Eixo Atlántico

Vilalba integrarase no Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular tras a aprobación da súa adhesión na Asemblea Xeral do organismo, que terá lugar o 18 de febreiro en Viana do Castelo. Esta incorporación permitirá á vila participar no desenvolvemento de políticas en ámbitos como o deporte, a cultura, a educación, o turismo e a sustentabilidade.
A adhesión tamén garante a presenza de Vilalba na feira Expocidades, un evento de promoción do turismo de proximidade que este ano se celebrará en Sarria durante o mes de maio. Ademais, favorecerá a difusión da cultura e da historia local máis aló das fronteiras e dotará á vila dunha visión transfronteiriza, permitindo o acceso a políticas beneficiosas para a comunidade.
A alcaldesa, Marta Rouco, destacou que este paso supón “a presenza de Vilalba en organismos de recoñecido prestixio que poñen en valor a relevancia do noso municipio”.