Volve frearse o aumento de casos e a hospitalización
O crecemento da covid volve ralentizarse pero non se frea. Así, este sábado os casos soben a 239, 3 máis que onte, cando na xornada anterior creceron en 17.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 18 casos novos (onte foron 23). Ademais, as altas chegaron ás 11.012, 15 en 24 horas, o día anterior foron 6.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.469 casos rexistrados e 213 persoas falecidas.
Respecto á presión hospitalaria, que onte experimentou unha subida importante, mantense. Na UCI seguen 4 enfermos, e en planta seguen tamén 15 persoas en total. 5 están no Hula, 3 no hospital da Mariña e 7 Monforte.
O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, continuará deste xeito dende o luns:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. A Pastoriza.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Meira e Chantada.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
O concello en peor situación é A Pastoriza, cunha incidencia elevada. O resto seguen estables con relación á xornada anterior e a maioría baixando a incidencia.
A Mariña
- Incidencia leve en Viveiro, Foz, Burela, Ribadeo, Alfoz , Cervo, Mondoñedo e Lourenzá.
- Trabada segue en alerta media ata o luns, por debaixo de dez casos e incidencia aínda alta.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo e Xove.
- Sen casos novos na última semana está Barreiros, ata o luns en alerta media.
Terra Chá
- Meira, que baixará a alerta media, reduciu a incidencia na última semana.
- Friol, Vilalba, Outeiro de Rei, Pol e Cospeito teñen casos pero con incidencia leve. Únese Castro de Rei.
- A Pastoriza entrará o luns en alerta alta ao subir a incidencia debido a dez casos.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Guitiriz e Rábade. Únese Xermade.
- As Pontes segue sen casos na última semana.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo rebaixan a 95 (1 menos).
- Becerreá volve ter casos, pero con incidencia baixa.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, O Corgo, As Nogais, Baralla e A Fonsagrada.
- Ribeira de Piquín, Palas e Cervantes xa levan unha semana sen casos.
Comarca de Sarria
- Láncara e Sarria teñen poucos casos con incidencia baixa.
- O Páramo e Paradela aumentan a incidencia pero fóra dos rasgos de alerta.
- Triacastela, O Incio e Samos seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Monforte e Carballedo teñen casos pero con incidencia leve.
- Chantada sobe a 21 casos (1 máis) e seguirá en alerta media.
- Sen casos en máis de quince días: Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Taboada, Bóveda, O Saviñao, Sober e A Pobra de Brollón.
- Sen casos nos últimos sete días están Quiroga e Pantón.