Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Así, a provincia de Lugo conta este xoves rebaixando a incidencia do virus con 204 casos activos, 12 menos que onte, cando na xornada anterior a baixada foi de 10.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 10 casos novos (onte foron 9). As altas chegaron ás 11.175, 22 en 24 horas, o día anterior foron 19.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.598 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.
Malia as boas cifras que falan de control do virus, e tras deixar onte as UCI baleiras, este xoves volven rexistrar dúas persoas ingresadas, as dúas en Lugo. En planta mantense o número de ingresados con 6 pacientes en total, 4 están no Hula e 2 Monforte.
O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, quedará a partir do venres deste modo:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. A Pastoriza e Chantada.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
A Mariña continúa mellorando as cifras de forma significativa. Preocupa a situación en Chantada, que segue sumando positivos.
A Mariña
- Incidencia leve en Alfoz, Burela e Foz.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove, Barreiros, Mondoñedo, Cervo e Trabada. Únese Lourenzá.
- Sen casos novos na última semana están Ribadeo e Viveiro.
Terra Chá
- A Pastoriza, que baixa a alerta media o vernes, continúa reducindo a súa incidencia.
- Guitiriz, Xermade, Cospeito, Vilalba e As Pontes teñen tamén casos, por debaixo de dez, pero con incidencia leve.
- Meira, que sairá de alerta, leva xa unha semana sen contaxios.
- Outeiro de Rei, Castro de Rei, Pol e Friol están sen casos en 7 días.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo seguen baixando. Son 72 (6 menos).
- O Corgo teñen casos pero con baixa incidencia.
- Levan unha semana sen casos Becerreá, Cervantes e A Fonsagrada. Únese Palas.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Monterroso, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla e Ribeira de Piquín.
Comarca de Sarria
- Láncara e O Páramo teñen casos pero con baixa incidencia.
- Sarria leva xa unha semana sen novos contaxios.
- Triacastela, O Incio, Samos e Paradela seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Chantada continúa sumando casos. Xa son 33 (4 máis) e seguirá en alerta media ata o luns.
- Carballedo, Folgoso, Taboada e Monforte teñen casos pero con incidencia leve.
- Pantón ten elevada a incidencia pero non chega aos dez casos.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra de Brollón e Quiroga.