Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Os casos activos na provincia volven subir. Así, este xoves hai 233 casos activos de covid, 11 maís que onte, cando a xornada anterior a subida foi de 3.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 21 casos novos (onte foron 13). As altas chegaron ás 11.374, 10 en 24 horas, mentres que o día anterior foron tamén 10.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.827 casos rexistrados e 215 persoas falecidas.
A presión hospitalaria mantense estable desde onte trala subida dos últimos días. Hai dúas persoas na UCI, pero se manteñen os ingresos en planta, que son 11, 4 están no Hula (1 máis), 3 en Burela e 4 en Monforte (1 menos).
Os cambios de restricións por concellos quedarán a partir do sábado do seguinte xeito:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Cervo, Xove, Vilalba e Monforte.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
Detectan casos en varios concellos da provincia, pero todos con baixa incidencia e sen gromos, que seguen activos en Monforte, Vilalba e na zona de incluencia de Viveiro.
A Mariña
- Os casos en Viveiro seguen subindo, ata 41, 5 máis que onte.
- Elevada incidencia para Xove polos casos vinculados co gromo de Viveiro, pero con menos de dez.
- Cervo, que está en alerta media, volve ter casos pero con baixa incidencia.
- Incidencia leve en Burela, Foz, Ribadeo e Lourenzá.
- Mondoñedo e Alfoz volven ter casos.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros e Trabada.
Terra Chá
- Vilalba segue con 24 casos.
- Guitiriz, por debaixo de dez, ten casos pero con incidencia leve. Únense Begonte, Cospeito e As Pontes.
- Pol non tivo casos na última semana.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol, Meira e Xermade.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo sobe a 66 (2 máis).
- Navia de Suarna continúa cunha incidencia alta de casos, pero por debaixo de 10.
- Con incidencia leve están Portomarín e Castroverde, que levaban varias semanas sen covid.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas e O Corgo. Únese Monterroso.
Comarca de Sarria
- O Incio ten casos por debaixo de dez e rebaixa a incidencia.
- Láncara e Sarria levan unha semana sen casos.
- Triacastela, Samos, Paradela e O Páramo seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Monforte baixa a 22 (1 caso menos).
- Pantón, A Pobra de Brollón e Chantada teñen positivos pero con incidencia leve. Únese Taboada.
- Sober leva unha semana sen positivos.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Quiroga e Folgoso. Únese Carballedo.