Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Novo freazo nos descensos da covid por un aumento dos novos contaxios para estabilizar os datos da fin de semana. Ensombrece a situación 3 falecidos máis pero descende bruscamente de novo a hospitalización.
Así, hoxe hai 5.365 casos activos, 208 menos que onte, con 427 novos contaxios e 368 altas. Onte os casos baixaron en 343, con 325 novos contaxios e 668 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 47.068 casos rexistrados e 290 persoas falecidas (3 máis que onte).
A presión hospitalaria cae bruscamente de novo. Na UCI do Hula seguen 9 ingresados, mentres en planta son 62 os pacientes (10 menos), 43 no de Lugo (11 menos), 8 na Mariña (1 menos) e 10 en Monforte (1 máis). Súmase un novo ingresado no Polusa.
POR COMARCAS
Rómpese o proceso de caídas continuadas ainda que non esaxeradas con novos aumentos destacados. Soben en Chantada en 18, Lugo en 17 e Monforte en 10.
Pola contra caen los contaxios en Foz en 16, Viveiro en 12 e Ribadeo en 11.
Negueira de Muñiz e Pedrafita seguen sen casos unha semana. E con menos de dez están Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Ourol, Muras e Triacastela.
A Mariña
- Alfoz: 39 casos (1 máis).
- A Pontenova: 68 (4 menos).
- Barreiros: 57 (4 menos).
- Burela: 181 (2 menos).
- Cervo: 108 (1 menos).
- Foz: 243 (16 menos).
- Lourenzá: 37 (1 máis).
- Mondoñedo: 85 (1 máis).
- O Valadouro: 29.
- O Vicedo: 37 (3 menos).
- Ourol: Por debaixo de 10.
- Ribadeo: 161 (11 menos).
- Riotorto: 24 (2 menos).
- Trabada: 28 (1 máis).
- Viveiro: 338 (12 menos).
- Xove: 79 (1 menos).
Terra Chá
- Abadín: 49 contaxios (2 menos).
- A Pastoriza: 69 (1 menos).
- As Pontes: 293 (6 menos).
- Begonte: 32 (4 menos).
- Castro de Rei: 137 (4 máis).
- Cospeito: 103 (4 menos).
- Friol: 37 (4 máis).
- Guitiriz: 66 (1 menos).
- Meira: 68 (4 máis).
- Muras: Por debaixo de 10.
- Outeiro de Rei: 78 (7 menos).
- Pol: 31 (6 máis).
- Rábade: 24 (2 máis).
- Vilalba: 384 (8 menos)
- Xermade: 30 (2 máis).
Comarca de Sarria
- Láncara: 62 enfermos (2 menos).
- O Incio: 21 (4 menos).
- O Páramo: 32 (4 menos).
- Paradela: 26 (1 menos).
- Samos: 15 (1 menos).
- Sarria: 308 (1 menos).
- Triacastela: Por debaixo de 10.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 65 positivos (3 menos).
- As Nogais: 12.
- Antas de Ulla: 38 (2 máis).
- Baleira: 17.
- Baralla: 44.
- Becerreá: 62 (1 menos).
- Castroverde 44 (2 menos).
- Cervantes: 15 (1 máis).
- Guntín: 44 (3 menos).
- Lugo: 2.487 (17 máis).
- Monterroso: 84 (2 máis).
- Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
- Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
- O Corgo: 52 (3 menos).
- Palas de Rei: 48 (5 menos).
- Pedrafita: Sen casos nunha semana.
- Portomarín: 19 (1 menos).
- Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 37 enfermos (3 menos).
- Bóveda: 15.
- Carballedo: 59 (2 máis).
- Chantada: 321 (18 máis).
- Folgoso do Courel: 19.
- Monforte: 518 (10 máis).
- O Saviñao: 89 (4 menos).
- Pantón: 30 (1 menos).
- Quiroga: 51 (4 menos).
- Ribas de Sil: 17 (2 menos).
- Sober: 32 (1 menos).
- Taboada: 75 (1 máis).
RESTRICIÓNS
- A hostalaría terá que pechar ás 01.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.30 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 4.30 horas.
- Permítese o consumo en barra.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
- As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 15 en exteriores.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).