Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid segue sen quere remitir cun pequeno incremento de casos activos e cun novo paciente na UCI.
Así, hoxe hai 2.372 casos activos, 25 máis que onte, con 250 novos contaxios e 227 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 54.911 casos rexistrados e 313 persoas falecidas.
A presión hospitalaria mantense. Hai 1 ingresado na UCI de novo e en planta son 38, 22 están no de Lugo (2 máis), 4 na Mariña (2 menos) e 12 en Monforte.
POR COMARCAS
Sen moitos cambios nos concellos. Mantense a subida de casos en Viveiro e a súa contorno con 16 máis e en Ribadeo con 14. Lugo tamén sumou 12 contaxios máis.
Mantense o número de concellos limpos de covid en 4 e son 25 os que teñen menos de dez casos (1 máis).
A Mariña
- A Pontenova: 13 (1 máis).
- Barreiros: 19 (3 máis).
- Burela: 110 (5 máis).
- Cervo: 58 (6 máis).
- Foz: 76 (3 menos).
- Mondoñedo: 18 (3 menos).
- Ourol: 13.
- O Valadouro: 14 (4 menos).
- O Vicedo: 23 (5 máis).
- Ribadeo: 55 (14 máis).
- Viveiro: 348 (16 máis).
- Xove: 95 (4 máis).
- Por debaixo de 10: Alfoz, Lourenzá, Riotorto e Trabada.
Terra Chá
- A Pastoriza: 12 (1 menos).
- As Pontes: 148 (8 máis).
- Begonte: 14 (1 menos).
- Castro de Rei: 36.
- Cospeito: 13 (1 máis).
- Friol: 17 (7 máis).
- Guitiriz: 31 (2 máis).
- Meira: 15.
- Outeiro de Rei: 38 (3 máis).
- Rábade: 14 (2 máis).
- Vilalba: 129 (1 máis).
- Xermade: 19.
- Por debaixo de 10: Abadín, Muras e Pol.
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 21 positivos (4 menos).
- Antas de Ulla: 12.
- Castroverde: 11.
- Guntín: 16 (1 máis).
- Lugo: 1.074 (12 máis).
- Monterroso: 16.
- O Corgo: 17.
- Por debaixo de 10: As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
- Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.
Comarca de Sarria
- O Páramo: 14 (1 máis)
- Sarria: 72 (1 menos).
- Por debaixo de 10: Láncara, O Incio, Paradela e Samos.
- Sen casos en quince días: Triacastela.
Ribeira Sacra
- Carballedo: 18.
- Chantada: 96 (2 menos).
- Monforte: 105 (1 máis).
- O Saviñao: 22 (3 máis).
- Pantón: 14.
- Taboada: 11.
- Por debaixo de 10: Bóveda, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
- Unha semana sen contaxios: A Pobra do Brollón.
- Quince días se casos: Folgoso do Courel.
RESTRICIÓNS
- Certificado covid só en centros sanitarios.
- Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).