Xuventude impulsa Parkour e Skate en Compostela os días 7 e 8 de xuño

A Concellaría de Xuventude organiza un “Parkour Skills Challenge” na Praza Roxa o sábado 7 e a 5ª edición do Compostela Skate na Praza da Constitución o domingo 8, coa participación de centos de mozos e mozas.
Parkour Santiago
22 May 2025

A Concellaría de Xuventude, dirixida por María Rozas, vén de presentar dous eventos urbanos que convertarán a cidade no epicentro da cultura xuvenil: o Parkour Skills Challenge, o sábado 7 de xuño na Praza Roxa, e a 5ª edición do Compostela Skate, o domingo 8 na Praza da Constitución.

No Parkour Skills Challenge, aberto a partir dos 10 anos, instalarase unha estrutura urbana que permitirá aprender e competir. Pola mañá ofreceranse obradoiros de iniciación, mentres que pola tarde os participantes enfrontaranse ao “Skills Challenge”, unha serie de probas de habilidade nas que se valorarán fluidez, velocidade e creatividade para superar retos con diferentes condicións de tempo e intentos.

O Compostela Skate desenvolverase de 11:00 a 21:00 h e incluirá un campionato de modalidade Street con dúas categorías: Sub 15 na mañá e Open pola tarde. Este evento busca fomentar a convivencia, o ocio saudable e a práctica deportiva nun espazo público acondicionado para o skate tras unha década de ausencia.

María Rozas destacou “o poder dos deportes urbanos para xerar comunidade entre os mozos e mozas e darlles voz nos espazos da cidade”. Na presentación participaron tamén Pablo Castiñeiras (Vella Escola), Alberto Muíño (Cultura Urbana) e Carlos Gil (Skate Escola), que subliñaron o valor de estas disciplinas como alternativas de lecer colaborativo ao aire libre.

⚙ Configurar cookies
0.1017849445343