Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAVilalba

Champivil prevé incrementar este ano un 50% a súa produción de caldo

Por 19 Xaneiro, 2018Sin comentarios

A empresa chairega Champivil-Castelo, especializada en produtos naturais de Galicia, incrementará este ano nun 50% a súa produción de caldo galego ante o aumento da demanda e a boa aceptación por parte dos consumidores, segundo aseguran responsables da empresa. A firma de Vilalba ten previsto producir este ano 30.000 latas deste produto, que sacou ao mercado hai tres anos, 10.000 máis que o ano pasado, unha vez pechada a campaña de setas e cogomelos deste ano,

Champivil é a empresa líder a nivel galego na exportación en fresco deste produto aos principais mercados europeos, cos que tamén fai conservas. A nave de produción de Champivil, ubicada na parroquia de Mourence, comezou o ano 2018 coa produción de caldo, que comercializará baixo a marca Castelo nos supermercados Gadis e Eroski de toda Galicia.

A xerente de Champivil, Luz Divina Castelo, explica que “o caldo que elaboramos non leva ningún tipo de conservante nin potenciador de sabor porque non o precisa, simplemente facemos o caldo cos mesmos ingredientes co que o facían as nosas avoas e enlatamos para que ese produto poida ser consumido por calquera persoa sen ter que botar horas cociñando, iso xa o facemos nós por eles”, afirmou.

Champivil-Castelo, é unha empresa de Vilalba con máis de 50 anos de historia pioneira na exportación de setas silvestres galegas a Europa e foi a primeira que envasou grelos co obxectivo de aumentar deste xeito a vida útil e o periodo de consumo de produtos estacionais do noso país. Neste momento conta cunha ampla gama de produtos no mercado, que van desde as conservas naturais de grelos, berzas ou estrugas, ás setas deshidratadas, as marmeladas de froitos vermellos ou os preparados de caldo ou tortilla de patacas. Os produtos de Castelo traspasan as fronteiras galegas a través das grandes cadeas de distribución como Gadis, Eroski, Carrefour ou El Corte Inglés.

A empresa de Vilalba, que lidera o envasado de grelos e a exportación de setas silvestres en Galicia, caracterízase pola súa innovación constante e este ano sacou ao mercado con notable éxito unha nova gama cervexas artesás de grelos e de setas. A responsable da empesa explicou que este novo produto segue a liña de traballo dos últimos anos da firma luguesa. “Champivil-Castelo sempre se caracterizou por dúas cousas: mimar o produto galego e innovar na súa comercialización”, como destacou Luz Divina Castelo. A empresa vilalbesa foi recoñecida co premio Aresa de desenvolvemento rural no ano 2012 e conta cunha ampla variedade de conservas que van desde as marmeladas de froitos silvestres ás setas ou os